GC Aberto

Reflexiona que hoxe é o día

Poucas luces e excesivas sombras son a referencia da maioría dos programas electorais, que elaborados para non ser cumpridos, utilízanse en tempo de eleccións ao só obxecto de acadar rendemento electoral.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 24/09/2016

Comparte esta noticia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E iso entre outros aspectos polo  inicio da era dixital e  o auxe  que representan as  redes sociais que polo seu carácter  incontrolable fan  cuestionar a eficacia  desta prohibición  creando unha  situación anacrónica  que recomenda revisar a lexislación electoral.

 

Aspecto que deixa sen materia de análise  á  cidadanía  para que esta poida  reflexionar coa debida solvencia, e motivo sobrado por tanto  para afirmar que  a tempo presente  e na actual situación, esta paréntese exótica de vinte e catro horas entre a campaña electoral e as votacións é un completo despropósito; non sendo esta a afirmación  unha invitación para devaluar  o marco legal senón unha simple apelación ao sentido común da  súa obrigada reforma.

 

Pero ademais  da desvantaxe que representa  a influencia da era dixital  sobre a  xornada de reflexión como antesala do voto, hai outros aspectos   moito mais perniciosos para o mantemento da súa vixencia, e valla como referente   as sistemáticas mentiras electorais  que  sen ningunha dúbida debesen  ser tipificadas como delitos punibles, desde o punto e hora que coa  súa práctica   ademais de terxiversar a realidade   estase a xogarse coa vontade dos  votantes  nun claro  intento de acadar  a súa confianza nas urnas  por medio  de artificios e enganos . 

 

Por iso é polo que os electores á vista dos feitos,   mais  que cinguir   a súa   reflexión  ao  formalismo das    estipulacións   da lei electoral de 1985. o sensato sería que o fixesen  co obxectivo posto en dignificar e rexenerar  a vida política,  evitando de antemán   ser presa de seducións  de fascinación política, xa que   as eleccións deben operar como mecanismo retrospectivo en protección  dos intereses da cidadanía, sendo por iso que  a súa actitude, mais que deixarse guiar por cantos de sirena,  debese consistir en compensar  ou sancionar aos candidatos nas urnas,  como única fórmula  de conferir solvencia á  función política sobre a base  de     un vínculo de efectividade  programática entre partidos e electores.

 

Cando isto ocorre  como resulta ser o caso,    evidénciase que a cidadanía mais que estar educada no voto crítico padece colectivamente unha síndrome  de Estocolmo electoral, unha situación  tremendamente  complexa   que impulsa  a reflexionar  sobre tan anacrónica desviación de conduta  para  chegar a saber  en que pensa o votante, para conducirse  en dirección oposta á os seus propios intereses.

 

 

<font data-blogger-escaped-style="font-family: " arial"="" ,="" "sans-serif";"="" face="" "sans-serif""="" lang="GL">

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta