PSdeG, En Marea e o BNG convencidos de que este 25S haberá un "cambio histórico"

Leiceaga desexa "unha participación moi ampla" este domingo, Villares cre que este domingo será un día histórico e Ana Pontón asegura que os galegos aproveitarán a "oportunidade" de cambio. Feijóo comparece con Fernández Albor e presume de "galeguismo".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/09/2016 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

Os candidatos dos tres principais partidos da oposición nos comicios do 25S están convencidos de que este domingo haberá un "cambio histórico" e que o Partido Popular pasará a oposición. Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG), Luís Villares (En Marea) e Ana Pontón (BNG) aproveitaron a xornada de reflexión para facer deporte, ler, estar coa familia e ir mercar.

Leiceaga fai compras no mercado de Santiago / EP Leiceaga fai compras no mercado de Santiago antes do 25S / EP
Leiceaga fai compras no mercado de Santiago / EP Leiceaga fai compras no mercado de Santiago antes do 25S / EP

Así, O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, desexa que haxa "unha participación moi ampla" na xornada electoral deste domingo e que "todo discorra con normalidade". Tras facer a compra no mercado de santiago, Leiceaga decantouse por dar un paseo por Santiago para, despois, ir comer coa súa familia: "Están os meus fillos aquí, os dous. [...] Imos aproveitar para comer tranquilamente en familia".

Pola súa banda, o candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, asegurou ter moitas expectativas na xornada electoral deste domingo: "Evidentemente, moitos pensamos que mañá vai ser un día histórico que vai dar lugar a un gran cambio no país", confiou o exmagistrado tras ser preguntado polos medios.

Así as cousas, cunha afonía froito dunha maratoniana campaña electoral, o aspirante de En Marea afronta esta xornada de reflexión esperando que o "camiño" realizado por "moitísima xente", entre a que el mesmo se atopa, "chegue a un ben destino".

Peregrinación

Para liberarse da tensión da campaña, que finalizou este venres, Villares enfufou a roupa de peregrino para realizar un tramo do Camiño de Santiago partindo desde Sarria. Xa pola tarde noite, con familia e amizades, acudirá ao Auditorio Municipal de Ourense para ver a última obra de Sarabela Teatro, dirixida pola cabeza de lista por esa circunscrición, Ánxeles Cuña.

Ana Pontón no mercado de Santiago
Ana Pontón no mercado de Santiago | Fonte: EP

Tamé a candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, mostrouse "convencida" de que os galegos e galegas van coller" este domingo 25 de setembro a "oportunidade" que teñen "diante". A aspirante nacionalista ha aproveitado esta xornada de reflexión para facer a compra na Praza de Abastos de Santiago, do mesmo xeito que o fixo un pouco antes no mesmo lugar o candidato do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga.

Para Pontón, do mesmo xeito que para o resto de aspirantes, esta será unha xornada de descanso.Pontón finalizará esta xornada de reflexión cunha película na Sala Numax de Santiago. "Gústame moito o cinema e levo unha tempada sen moitos momentos para gozalo", confesou aos medios, xusto despois de admitir que esta campaña electoral foi "moi intensa" para ela, aínda que tamén "ilusionante" e con "moitas emocións".

A continuación, asegurou que afronta a xornada electoral deste domingo, "moi importante como galegos e galegas", con "moito optimismo". "Estou convencida de que mañá imos coller a oportunidade que temos diante", proclamou.

Feijóo, con Albor

Pola súa banda, o candidato do PPdeG á reelección á fronte da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que este domingo, celebrarase "a festa da democracia" na que o que digan os galegos nas urnas "é o que se vai a facer". Feijóo atendeu aos medios tras manter un encontro na Alameda de Santiago de Compostela co expresidente do Goberno galego Gerardo Fernández Albor quen, tal e como explicou o candidato á reelección, aínda que non estivo nos mitins da campaña "quixo botar unha man este sábado".

Despois do encontro con Gerardo Fernández Albor, Feijóo trasladarase á Coruña para comer e pasar a tarde na cidade tras 15 días nos que percorreu máis de 10.000 quilómetros ao longo da xeografía galega. Xa o domingo irá a Vigo a votar, onde comerá coa familia. "Despois de todos estes días, sen dúbida (hoxe) é o día máis fácil", sinalou antes de considerar que "a partir de mañá" empezará a "haber máis preocupación", especialmente nos candidatos, tras os resultados dos comicios.

Luís Villares, de peregrino, antes das eleccións do 25S
Luís Villares, de peregrino, antes das eleccións do 25S | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 nostrus

Yo creo que el PP tendrá 36, C´s 3 ( o mas por supuesto) y la suma de PSOE (todos mis respetos) las Merdeas y BNGe 36. La cosa tendria gracia porque se necesitaria de C´s y yo en su caso, creo que deberian hablar antes con el PSOE para incluir en la negociacion con el PP alguna demanda del PSOE. Nacionalismos y Merdeas que se rciclen intelectualmente.

6 Sesese

E veña "cambios históricos" ,. Eu xa vivin 3 ou 4 "cambios " ,e falte carral , que o único que cambia son as poltronas . Pouco mais ou menos a vida para os de abaixo segue igual. Os políticos viven ben e o pobo a pagar

5 mala hente

Pero que mala xente son os do xornal elmundo. Mira que seren os único en sacaren á Maxistrada do Xulgado do Social 3 de Lugo na foto. Co ben agochadiña que a sacaron todos, este incluido.

4 unha semana máis e absoluta

Se se agardara un cambio histórico habería xente por dentro do cordón sanitario de Leiceaga o apestado e Quixo Sánchez o que vive nunha realidade paralela. Se se agardara un cambio histórico, Iglesias e máis Errejón non virían a Galicia a pelexar por twitter e Bescansa tería aberto a boca. Porque arrimarse a alguén que vai gañar (Rajoy facendo a volta a Galicia durante unha semana no Audi A8 do carallo), aínda que o gañador non te queira moi preto, fai a victoria aparentemente tamén túa. Pillámolo ou non o pillamos? PP 40-41 (ó mellor hai que agardar 1 semana) Marea 16-17, PSdG 15, BNG 2, C's 1. Deixo dito...

3 Fartodenaziocomunistasindepes

Efectivamente, será un día histórico: Feijoo obtendrá su tercera mayoría absoluta y barrerá del mapa a toda esa borralla de perdedores naziocomunistasindepes. En Galicia mada el PP. Así sucede desde las primeras elecciones celebradas allá por los años 80 del pasado siglo. Siempre mayoría absoluta para el PP. Sólo el borrón del traidor de Barreiro Rivas y el infame bipartito. Por lo demás, parafraseando a Castelao: siempre Galicia, siempre PP, siempre España.