Villares: "Moitos pensamos que mañá vai ser un día histórico que vai dar lugar a un grande cambio no país"

O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, asegurou ter moitas expectativas na xornada electoral deste domingo: "Evidentemente, moitos pensan que mañá vai ser un día histórico que vai dar lugar a un grande cambio no país", confiou o exmaxistrado tras ser preguntado polos medios.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2016 | Actualizada ás 18:56 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, asegurou ter moitas expectativas na xornada electoral deste domingo: "Evidentemente, moitos pensan que mañá vai ser un día histórico que vai dar lugar a un grande cambio no país", confiou o exmaxistrado tras ser preguntado polos medios.

Así as cousas, cunha afonía froito dunha maratoniana campaña electoral, o aspirante de En Marea afronta esta xornada de reflexión esperando que o "camiño" realizado por "muchísima xente", entre a que el mesmo atopa, "chegue a un ben destino".

Para liberarse do estrés da campaña, que finalizou este venres, Villares calzouse a roupa de peregrino para realizar un tramo do Camiño de Santiago partindo dende Sarria. Xa pola tarde noite, con familia e amizades, acudirá ao Auditorio Municipal de Ourense para ver a última obra de Sarabela Teatro, dirixida pola cabeza de lista por esa circunscrición, Ánxeles Cuña.

Así, o exmaxistrado gozará desta xornada de reflexión en compañía dos seus amigos: "Escoitando moito e falando pouco e reflexionando sobre o fermoso día de hoxe e o fermoso día que vai vir mañá", chanceou en referencia á súa afonía.

De igual modo, asegurou estar "moi contento" con todo o traballo realizado por parte do seu equipo. "Funcionou moi ben [...] Atopamos unha grande ilusión social", subliñou Villares, que vai isto "moi positivo" para En Marea e para "o conxunto do país".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eu e ninguén mais ca min

Pensaba que estas cousas non se podían facer en xornada de reflexión. Para asegurarme voulle comentar a duda á Xunta Eleitoral