Feijóo: "Imos escoitar os galegos e o que digan é o que se vai facer"

O candidato do PPdeG á reelección á fronte da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que este domingo, día 25 de setembro, se celebrará "a festa da democracia" na que o que digan os galegos nas urnas "é o que se vai facer".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2016 | Actualizada ás 19:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O candidato do PPdeG á reelección á fronte da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que este domingo, día 25 de setembro, se celebrará "a festa da democracia" na que o que digan os galegos nas urnas "é o que se vai facer".

Feijóo atendeu aos medios tras manter un encontro na Alameda de Santiago de Compostela co expresidente do Goberno galego Gerardo Fernández Albor quen, tal e como explicou o candidato á reelección, aínda que non estivo nos mitins da campaña "quixo botar unha man este sábado".

E é que, aínda que o tamén presidente de honra do PPdeG, de 99 anos de idade, levaba uns meses sin aparecer en público, quixo aproveitar a xornada de reflexión para tomar un café con Feijóo, ao que trasladou "algunhas cousas" que o Executivo galego "debería facer" se os populares volven conseguir o mando, conforme explicou o propio candidato popular.

"Acabo de manter unha conversación co que é, probablemente, o galleguista vivo con máis formación,", destacou Feijóo, quen definiu como "deliciosa" a charla mantida con Albor na que abordaron cuestións como "a situación actual de Galicia e España" e disertaron sobre a figuras de Ramón Piñeiro, García Sabell ou Felipe González e Adolfo Suárez.

Tras iso, Feijóo destacou a "clarividencia" de quen foi o primeiro presidente da Xunta de Galicia. "A verdade é que vi ao presidente cunha lucidez que me gustaría ter", indicou tras asegurar que "é reconfortante ver como se pode seguir querendo a Galicia", como pode levar a Galicia na cabeza e no corazón".

XORNADA

Despois do encontro con Gerardo Fernández Albor, Feijóo trasladarase a A Coruña para comer e pasar a tarde na cidade tras 15 días nos que percorreu máis de 10.000 quilómetros ao longo da xeografía galega. Xa o domingo irá a Vigo a votar, onde comerá coa familia.

"Despois de todos estes días, sen dúbida (hoxe) é o día máis doado", sinalou antes de considerar que "a partir de mañá" empezará a haber máis preocupación", especialmente nos candidatos, tras os resultados dos comicios.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta