Losada (C's) insta a votar para que "cambie o que non funciona" e para ter unha democracia "con máis esixencia"

Confía nunha "gran participación" e que os cidadáns "reflexionen" sobre "as mellores propostas e representantes"

VIGO | 25/09/2016 | Actualizada ás 11:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A candidata de Ciudadanos á Presidencia da Xunta, Cristina Losada, instou aos galegos a exercer o seu dereito ao voto este domingo para que "as cousas que non funcionan poden cambiar a partir de mañá en Galicia" e para ter unha democracia "con máis esixencia".

Tras acudir a votar, en torno ás 11,00 horas ao Colexio electoral do Concello de Vigo, Losada iniciou a súa intervención, ante os xornalistas, cunha frase en galego para, posteriormente, utilizar o castelán.

"Hoxe non é ou día para falar eu, é día para que falen os votantes", dixo tras, a colación, remarcar "a importancia de exercer o dereito de voto". Así, subliñou que as decisións afectan "a todos" e que votar é "un xeito de implicarse nelas".

"É a base tamén para ter unha democracia con maior esixencia, maior responsabilidade e maior rendición de contas dos seus representantes políticos", dixo en liña co discurso mantido na campaña electoral.

"REFLEXIÓN" SOBRE AS PROPOSTAS

Por iso, instou aos cidadáns a "non quedar na casa" e acudir a votar. Mentres, preguntada que espera desta xornada, sinalou que confía nunha "gran participación" e en que os cidadáns "reflexionen" e vexan "cáles son as mellores propostas e os mellores representantes posibles".

Tamén se mostrou confiada en que, tras concluír as eleccións galegas e vascas, os partidos que "decidiron bloquear" a situación política a nivel estatal dean "un paso adiante" para iniciar a lexislatura "e ter un goberno e unha oposición".

Preguntada, en galego, como ten previsto pasar o día, respondeu, tamén neste idioma, explicando que hoxe le "toca" facer a comida a ela e que, despois, se desprazará ata a cidade herculina onde seguirá o reconto de resultados con outros compañeiros de partido nun hotel.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta