Pontón, a candidata máis madrugadora en votar, chama a que "a voz de todos os galegos se deixe sentir"

A líder do BNG sinala en Santiago que "o importante é que haxa unha ampla participación" ante un "momento moi complexo"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2016 | Actualizada ás 11:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, exerceu o seu dereito a voto na mañá do domingo en Santiago de Compostela, onde chamou a que "a voz de todos os galegos se deixe sentir" nas urnas ante "un momento moi complexo para o país" no que Galicia se xoga "moito".

Pasadas as 10,30 horas da mañá, a líder frentista votou no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) da capital galega, converténdose na máis madrugadora en facelo entre os candidatos das principais forzas políticas que aspiran a entrar no Pazo do Hórreo.

Alí, en declaracións aos medios tras introducir a súa papeleta na urna, animou a "tódolos galegos a que vaian votar", xa que "cada voto vai ser decisivo", ao tempo que chamou a que exerzan ese dereito con "ilusión" e "pensando que é importante" o que se decide nas urnas este 25 de setembro. "Imos decidir qué Galicia queremos, qué camiño queremos elixir", remarcou.

"Estamos nun momento moi complexo para o país e é importante que hoxe a voz de todos os galegos se deixe sentir nas urnas porque é moito o que xogamos", manifestou unha Pontón, que espera unha "ampla participación democrática".

Pontón estivo acompañada no CGAC por membros da candidatura do BNG, entre eles o vicepresidente da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín. Tras votar, Pontón sinalou que visitará varias mesas electorais en Santiago e que, tras facer un parón para comer, se desprazará ata a sede nacional do Bloque, dende onde realizará o seguimento da xornada electoral.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta