Leiceaga, que se mostra "optimista", espera "unha elevada participación" e que todo vaia "con normalidade"

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, comentou este domingo, tras acudir a votar, que que espera que haxa "unha elevada participación" e que a xornada se desenvolva "con normalidade".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2016 | Actualizada ás 11:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, comentou este domingo, tras acudir a votar, que que espera que haxa "unha elevada participación" e que a xornada se desenvolva "con normalidade".

Díxoo aos xornalistas tras depositar a súa papeleta no Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC), na Praza do Obradoiro, o colexio electoral ao que chegou sobre as 11,00 horas en compañía da súa muller e os seus dous fillos.

O resto do día, tal e como sinalou, dedicarao a estar coa súa familia "tranquilamente". "Faremos unha comida co que compramos onte na praza", chanceou, en alusión aos seus plans para a xornada de reflexión.

En canto ás súas expectativas, o socialista indicou que el "sempre" é "optimista". "Ao abrir as urnas, coñeceremos o que decidiron os cidadáns e hai que aceptar o resultado, sexa cual sexa", finalizou.

Ao termo da xornada electoral, está previsto que Leiceaga se desprace á sede do PSdeG, na compostelana Rúa do Pino, para seguir o escrutinio e, posteriormente, comparecer ante os medios de comunicación para analizar o resultado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta