Luís Villares anima a "votar con ilusión" e a que "ninguén quede na casa"

O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, animou este domingo aos galegos a ir votar "con ilusión" e, tras recordar a importancia da participación, destacou que "non sería bo que ninguén quedase na casa".

LUGO | 25/09/2016 | Actualizada ás 12:13 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, animou este domingo aos galegos a ir votar "con ilusión" e, tras recordar a importancia da participación, destacou que "non sería bo que ninguén quedase na casa".

Pasadas as 11,00 horas, Villares, arroupado por un nutrido grupo de militantes de En Marea, acudiu ao colexio electoral de A Casa das Linguas da capital lucense, situado moi preto do seu domicilio.

Tras votar, confesou sentirse "moi ilusionado" nunha xornada que cualificou de "histórica" para Galicia. "Fago un chamamento a que todo o mundo vote, a que todo o mundo vote con ilusión. As páxinas da nosa historia témolas que escribir nós, por iso non sería bo que ninguén quedase na casa. Todo o mundo ten o dereito e deber de escribir a súa propia historia", sentenciou.

Así mesmo, tamén fixo especial fincapé en que "estas non son unhas eleccións xerais, son unhas eleccións galegas", nas que os cidadáns da Comunidade deciden "o que queren como país", incidiu.

Ante esta "primeira" experiencia como candidato, afirmou que é unha xornada "moi ilusionante". "Poder soñar cun cambio político, poder soñar con esta sorte de democracia que temos e poder vivilo como persoa de forma individual e nun proxecto colectivo é a honra máis grande que un pode ter", resumiu.

Da noite electoral, Luís Villares sinalou que espera "moita participación, en primeiro lugar, moita ilusión no momento de votar e uns resultados que poñan rumbo cara a a unha Europa máis social".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta