Sobe a participación en Galicia con respecto aos comicios de 2012

Ás 12.00 horas votou xa case o 15% do electorado, máis de dous puntos con respecto ás autonómicas de hai catro anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2016 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

A participación nas eleccións galegas ata as 12,00 horas alcanzou o 14,92%  polo que subiu algo máis de dous puntos con respecto á mesma franxa horaria dos comicios de 2012.

Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións
Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións

E é que nos pasados comicios autonómicos, que se celebraron o 21 de outubro de 2012, o 12,74 por cento dos electores galegos acudira a votar ata as 12.00 horas.

Deste modo, a participación subiu nun 2,18 por cento co 96,50 por cento das mesas electorais escrutadas, segundo recolle a páxina web habilitada pola Xunta.

Ourense foi, ao igual que hai catro anos, a provincia cunha maior participación ata as 12,00 horas --18,24 por cento este 2016 e 15,79 en 2012--. A Ourense séguelle Lugo cunha participación do 15,09 por cento ata as 12,00 horas, superando deste xeito a porcentaxe alcanzada hai catro anos á mesma hora --13,02 por cento--.

A Coruña e Pontevedra

Por detrás das provincias do interior atópanse as atlánticas, primeiro A Coruña e por último Pontevedra. Así, a cifra de electores que exerceron o seu dereito ao voto na Coruña alcanzou o 14,70 por cento --12,41 en 2012-- mentres que en Pontevedra se situou no 14,22 por cento.

De tódolos xeitos, a pesar de ser a provincia con menor participación ata as 12,00 horas, supera a porcentaxe de hai catro anos --11,95 por cento--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pepe Pinga e Otilio

Non teño moi claro se subeu a participación, ou se agacha a alta abstención, con argalladas, coma non contar coma abstención, o voto emigrante que anteriormente non se rexistrou para votar.