Un erro na distribución de papeletas de En Marea na Coruña obriga ás mesas a decidir sobre a súa validez

A Xunta Electoral de Galicia di que "non é válido" computar como votos válidos estas papeletas, pero apunta que a decisión final é das mesas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2016 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

Un erro da empresa encargada de distribuír a publicidade electoral e as papeletas de En Marea na zona de Ribeira (A Coruña) obrigará este 25S ás mesas electorais a pronunciarse sobre a validez dos votos que se emitan para esta formación en A Coruña empregando a papeleta correspondente á provincia de Pontevedra.

Papeletas electorais para a votación nas pasadas eleccións xerais
Papeletas electorais para a votación nas pasadas eleccións xerais | Fonte: teinteresa.com

En concreto, o erro afecta a unhas 1.000 papeletas que se enviaron como parte do 'mailing' electoral á zona de Ribeira. Por un erro "moi localizado", electores da provincia de A Coruña recibiron equivocadamente no seu domicilio a papeleta correspondente a En Marea pola provincia de Pontevedra.

Tras a advertencia do erro realizada polo partido á Xunta Electoral de Galicia, este organismo remitiu na mañá deste domingo un escrito á Xunta Electoral da Coruña, que foi trasladado ás mesas da provincia.

Neste documento especifícase que non é posible, como se reclamaba, "computar como votos válidos" os emitidos con papeletas correspondentes a outra provincia de forma xeral, dado que "no colexio electoral debe haber papeletas válidas de todas as forzas políticas" para que o elector "escolla a desexada", o que "salvagarda" os seus dereitos.

Non obstante, recorda que "a competencia para declarar a validez dos votos" escrutados "correspóndelle ás mesas", segundo o establecido na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.

En Marea advertiu nas súas redes sociais aos electores de A Coruña deste erro e pediron aos que leven a súa papeleta de casa que a "revisen ben", dado que pode xerar "problemas no reconto". "Se tes dúbidas, o mellor é coller a papeleta directamente no colexio electoral", indican na súa conta de Twitter.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 nostrus

Eso só quere dicir que os que emiten esas papeletas non saben o que votan, igual que os vellos que son carretados. Sería o colmo que eses votos non fosen declarados nulos porque nas seguintes eleccions eu voto cunha papeleta da entrada do circo.

1 concordo

Inaudito, concordo có nostrus. Penso que é a primeira vez.

2 Turple

Si señor, nisto ten razón nostrus. Como vas dar como válida a papeleta doutra circuncrición... Sería patético. Ademais son as de mailing (cousa que debería estar xa desterrada como no resto de países europeos serios) así que nas cabinas xa teñen correctas. E se non saben escollelas non deberían poder votar.

1 organización de chichinabo

NO RECONTO das papeletas nas mesas a competencia é dos Presidentes de cada unha. Cando sexan impugnados as Xuntas eleitorais os irán calificando coma o que son: votos nulos. Se só se encargan cousas tan importantes e non se revisan por ningún deses cargos orgánicos dun partido que se constitue a unhas semanas das eleccións, acostuman a pasar estas cousas. Nalgunhas actividades existe a costume da triple comprobación. Na Marea, cunha organización de chichinabo, probablemente non habería ninguén encargado disto... Bueno, así mañá xa teremos entretemento de ociosos co do pucherazo. Diso, os votantes non temos a culpa. A culpa é dos catro vagos que viñeron tomar por asalto o traballo que desenvolvimos outras o outros. Que vos preste.