O presidente do Parlamento galego pide un "esforzo" para votar "polo ben de Galicia"

O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, pediu un "esforzo" aos cidadáns para acudir este domingo 25 de setembro a votar "polo ben de Galicia".

OURENSE | 25/09/2016 | Actualizada ás 13:21 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, pediu un "esforzo" aos cidadáns para acudir este domingo 25 de setembro a votar "polo ben de Galicia".

Así o manifestou, en declaracións aos medios, ao acudir a mediodía a votar no colexio electoral situado no Pavillón Os Remedios, na capital ourensana.

"Malia que estamos nun período en que se producen moitas eleccións nun curto período de tempo, animo á xente a que faga un esforzo polo ben de Galicia e acuda masivamente a votar", afirmou Santalices.

Deste modo, afirmou que este é o seu "primeiro desexo" tras recoñecer que o feito de que se produzan "moitas votacións" nun "curto período de tempo" pode "xerar certo cansazo".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta