Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/09/2016 | Actualizada ás 20:16
O PP volve a gañar as eleccións autonómicas en Galicia. Segundo a enquisa da CRTVG, os conservadores obterían entre 38 e 41 deputados e o 45,5 % dos votos. Nas pasadas autonómicas lograron 41 escanos e o 45,7 dos votos.
A segunda posición sería para En Marea, con 14-16 deputados e o 19,5 por cento dos votos. En 2012 AGE, coalición na que se integran boa parte das forzas que hoxe están nas mareas, conseguira 9 depuados e case o 14% dos sufraxios.
O PSdeG cae a terceira posición con 14-16 deputados e unha porcetaxe de votos lixeiramente inferior a das mareas; 18,9%. Hai catro anos os socialistas quedaran segundos, con 18 representantes e 20,53% dos sufraxios.
O BNG descende no número de deputados , 5 ou 6 fronte aos 7 que tiña, e na porcentaxe de votos, 8,8% fronte ao 10,1% de hai catro anos.
Non se sabe se entra ou non no Parlamento de Galicia Ciudadanos, que podería obter 1 deputado e o 4,4 % dos votos. O partido laranxa non se presentara no país nos pasados comicios autonómicos.
Con todo, debe considerarse que isto é o resultado dunha enquisa a pé de urna. Todos os especialistas en enquisas consideran moito máis fiábeis os primeiros resultados do escrutinio que calquera destas ‘israelitas’, como quedou probado nos últimos comicios xerais.
GC ofrece a evolución en directo de como vai o recorto oficial. Pódese consultar nos gráficos de portada e nos que aparece ao pé das noticias (versión móbil) ou na columna da dereita (versión computador).
A partir das 21:30 é probábel que a porcentaxe escrutada sexa dabondo para estimar bastante ben cal será o resultado final. Contra as 23 todo o peixe debería estar vendido.
TNS Demoscopia realizou para a CRTVG preto de 17.000 entrevistas persoais en 120 colexios electorais. A mostra é representativa da poboación, segundo idade e sexo.
Os resultados por provincias serían os seguintes:
🔴 #EnquisaTVG neste #25STVG ✉️ para a provincia de Pontevedra:#PPdeG 10#EnMarea 5-6#PSdeG 4#BNG 2#Ciudadanos 0-1 pic.twitter.com/89z4BkExb3
— TVG (@TVGalicia) 25 setembro 2016
🔴 #EnquisaTVG neste #25STVG ✉️ para a provincia de Ourense:#PPdeG 8-9#PSdeG 3-4
— TVG (@TVGalicia) 25 setembro 2016
#EnMarea 2
#BNG 0-1 pic.twitter.com/fdw2OoSS7e
🔴 #EnquisaTVG neste #25STVG ✉️ para a provincia de Lugo#PPdeG 8-9#PSdeG 2-3
— TVG (@TVGalicia) 25 setembro 2016
#EnMarea 2
#BNG 1 pic.twitter.com/TPsq1nFctI
🔴 #EnquisaTVG neste #25STVG ✉️ para a provincia da Coruña:#PPdeG 12-13#PSdeG 5-6
— TVG (@TVGalicia) 25 setembro 2016
#EnMarea 5-6
#BNG 2 pic.twitter.com/Jb3ETXuyH5
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.