Vigo convértese no gran bastión da esquerda galega, que gaña nas cidades

A cidade olívica é a única das grandes urbes galegas onde as forzas progresistas arrasan con claridade o PP. A suma de En Marea, PSdeG e BNG supera tamén aos populares no resto das cidades, pero por pouco, agás en Lugo, onde a esquerda perde por tan só 571 votos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/09/2016 | Actualizada ás 00:50

Comparte esta noticia

Vigo converteuse no gran bastión da esquerda galega. A cidade olívica é a única na que as forzas progresistas arrasaron con claridade o PP. Co 98,47 por cento dos votos escrutados, En Marea, PSdeG e BNG sumaron 83.030 votos, isto é, 32.971 máis que o PPdeG, que conseguiu 50.059. Así, aínda que os populares foron a forza máis votada, están en minoría clara fronte aos partidos da esquerda, que gozan en Vigo dunha vitalidade moito maior que a que teñen noutras cidades galegas. 

Milleiros de persoas protestan en Vigo por unha sanidade pública nunha das manifestacións máis masivas que se lembran na cidade
Milleiros de persoas protestan en Vigo por unha sanidade pública nunha das manifestacións máis masivas que se lembran na cidade | Fonte: VM

Dos 147.309 votos emitdos —co 98,47 por cento escrutado do total— , o PP só acadou o 34,27 por cento dos votos (practicamente a mesma porcentaxe que en 2012), é dicir, trece puntos menos que no total de Galicia, onde os populares conseguiron arredor do 47 por cento. Porén, a suma de En Marea, PSdeG e BNG acada o 56,83 por cento, é dicir, once puntos máis que no conxunto de Galicia.

Malia que Vigo é gobernada polo socialista Abel Caballero con maioría absoluta, o PSdeG foi relegado nos comicios autonómicos ao terceiro posto, superado por En Marea, cunha diferenza duns sete mil votos.

En Marea mellorou con creces os resultados de AGE (Alternativa Galega de Esquerdas) en 2012, cando acadou o 19,48 por cento dos votos, cun total de 28.445. Pola súa banda, os socialistas e o BNG baixaron, os primeiros dous puntos e os segundos, tres. Pero a suma das tres forzas de esquerda en Vigo é a maior forza progresista que existe en Galicia e supera por moito o seu poder respecto o que teñen nas tres cidades onde gobernan as mareas: A Coruña, Santiago de Compostela e A Coruña

Así, se ben na Coruña, onde goberna Xulio Ferreiro, de Marea Atlántica, En Marea, PSdeG e BNG gañan, xuntos, ao PP, a súa maioría pende dun fío. As forzas de esquerda só aventaxan aos populares en cinco puntos e 6.000 votos.

En Santiago de Compostela, onde goberna Martiño Noriega, de Compostela Aberta, hai un empate técnico entre a esquerda e o PP. En Marea, PSdeG e BNG suman o 46,92 por cento dos votos, cun total de 24.495, mentres que o PP obtén o 46,17 por cento, con 24.103.

En Ferrol, cidade na que goberna Jorge Suárez, de Ferrol en Común, as tres forzas de esquerda suman o 48,28 por cento dos votos, cun total de 16.524, tan só catro puntos máis que o PP, que obtén 15.144 votos.

Por outro lado, en Pontevedra, onde goberna Miguel Anxo Fernández Lores, do BNG, a vantaxe das tres forzas de esquerda sobre o PP é algo máis ampla, co 50,33 por cento dos votos, cun total de 21.350, repartidos case equitativamente entre En Marea, PSdeG e BNG, fronte ao 42,05 por cento do PP, que logra 17.839.

En Ourense, onde goberna Jesús Vázquez Abad, do PP,  as tres forzas de esquerda tamén superan, pero por moi pouco, o PP, conseguindo o 45,8 por cento dos votos, cun total de 25.266, fronte ao 42,99 por cento e 23.783 sufraxios dos populares.

A cidade de Lugo é a única onde o PP se impón á esquerda, pero case cun empate técnico. Así, os populares acadan o 46,76 por cento dos votos, cun total de 22.961, mentres que En Marea, PSdeG e BNG suman o 45,6 por cento, cun total de 22.390 votos.

RESULTADOS DE VIGO

2016 2012
  Candidaturas Votos Votos Candidaturas  
 

PP 50.059 34,27% 49.993 34,24% PP
 

 

EN MAREA 40.564 27,77%      
 

 

PSdeG-PSOE 33.081 22,64% 35.787 24,51% PSdeG-PSOE
 

 

BNG-NÓS 9.385 6,42% 14.148 9,69% BNG
 

 

C's 7.004 4,79%      
 

 

PACMA 2.342 1,60% 1.108 0,76% PACMA
 

 

EB 378 0,26% 1.814 1,24% Eb
 

 

GAÑEMOS 317 0,22%      
 

 

RECORTES CERO-GRUPO VERDE 299 0,20%      
 

 

CxG 284 0,19% 1.060 0,73% CxG
 

 

C-C 273 0,19%      
 

 

PAYJ 230 0,16%      
 

 

PCPE 182 0,12% 256 0,18% COMUNISTAS DA GALIZA
 

 

ADCG 130 0,09% 117 0,08% ADCG
 

 

C 21 70 0,05% 94 0,06% C.XXI
 

RESULTADOS DE A CORUÑA

2016 2012
  Candidaturas Votos Votos Candidaturas  
 

P.P. 54.109 43,52% 48.114 39,67% PP
 

 

EN MAREA 29.757 23,93%      
 

 

PSdeG-PSOE 22.086 17,76% 23.649 19,50% PSdeG-PSOE
 

 

BNG-NÓS 8.297 6,67% 9.270 7,64% BNG
 

 

C's 5.341 4,30%      
 

 

PACMA 1.583 1,27% 875 0,72% PACMA
 

 

GAÑEMOS 393 0,32%      
 

 

RECORTES CERO-GRUPO VERDE 207 0,17%      
 

 

CxG 176 0,14% 722 0,60% CxG
 

 

PAYJ 164 0,13%      
 

 

C-C 135 0,11%      
 

 

P.C.P.E. 114 0,09% 163 0,13% COMUNISTAS DA GALIZA
 

 

A.D.C.G. 96 0,08%      
 

 

UNIDOS SI-DEF 72 0,06%      
 

 

A.I.D.G. 68 0,05%      
 

 

P-LIB 55 0,04%      
 

 

C 21 32 0,03% 86 0,07% C.XXI
 

 

VN 21 0,02%    

RESULTADOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

2016 2012
  Candidaturas Votos Votos Candidaturas  
 

P.P. 24.103 46,17% 22.174 43,37% PP
 

 

EN MAREA 10.845 20,77%      
 

 

PSdeG-PSOE 8.602 16,48% 8.413 16,45% PSdeG-PSOE
 

 

BNG-NÓS 5.048 9,67% 4.336 8,48% BNG
 

 

C's 1.674 3,21%      
 

 

PACMA 545 1,04% 297 0,58% PACMA
 

 

CxG 265 0,51% 784 1,53% CxG
 

 

C-C 105 0,20%      
 

 

RECORTES CERO-GRUPO VERDE 104 0,20%      
 

 

PAYJ 68 0,13%      
 

 

GAÑEMOS 66 0,13%      
 

 

P.C.P.E. 41 0,08% 63 0,12% COMUNISTAS DA GALIZA
 

 

A.D.C.G. 18 0,03%      
 

 

UNIDOS SI-DEF 18 0,03%      
 

 

A.I.D.G. 16 0,03%      
 

 

P-LIB 14 0,03%      
 

 

C 21 12 0,02% 60 0,12% C.XXI
 

 

VN 6 0,01%    

RESULTADOS DE FERROL

2016 2012
  Candidaturas Votos Votos Candidaturas  
 

P.P. 15.144 44,25% 14.419 41,49% PP
 

 

EN MAREA 8.117 23,72%      
 

 

PSdeG-PSOE 6.051 17,68% 7.014 20,18% PSdeG-PSOE
 

 

BNG-NÓS 2.356 6,88% 2.793 8,04% BNG
 

 

C's 1.269 3,71%      
 

 

PACMA 404 1,18% 230 0,66% PACMA
 

 

P.C.P.E. 77 0,22% 93 0,27% COMUNISTAS DA GALIZA
 

 

GAÑEMOS 68 0,20%      
 

 

C-C 67 0,20%      
 

 

PAYJ 60 0,18%      
 

 

RECORTES CERO-GRUPO VERDE 59 0,17%      
 

 

CxG 45 0,13% 161 0,46% CxG
 

 

UNIDOS SI-DEF 23 0,07%      
 

 

A.I.D.G. 17 0,05%      
 

 

A.D.C.G. 14 0,04%      
 

 

VN 11 0,03%      
 

 

P-LIB 9 0,03%      
 

 

C 21 3 0,01% 14 0,04% C.XXI

RESULTADOS DE PONTEVEDRA

2016 2012
  Candidaturas Votos Votos Candidaturas  
 

PP 17.839 42,05% 15.851 38,33% PP
 

 

EN MAREA 7.858 18,52%      
 

 

PSdeG-PSOE 7.160 16,88% 7.770 18,79% PSdeG-PSOE
 

 

BNG-NÓS 6.332 14,93% 7.712 18,65% BNG
 

 

C's 1.774 4,18%      
 

 

PACMA 523 1,23% 293 0,71% PACMA
 

 

CxG 99 0,23% 290 0,70% CxG
 

 

EB 93 0,22% 626 1,51% Eb
 

 

GAÑEMOS 88 0,21%      
 

 

PAYJ 67 0,16%      
 

 

RECORTES CERO-GRUPO VERDE 62 0,15%      
 

 

C-C 50 0,12%      
 

 

PCPE 36 0,08% 41 0,10% COMUNISTAS DA GALIZA
 

 

ADCG 22 0,05% 22 0,05% ADCG
 

 

C 21 10 0,02% 27 0,07% C.XXI
 


RESULTADOS DE OURENSE

2016 2012
  Candidaturas Votos Votos Candidaturas  
 

PP 23.783 42,99% 21.158 38,07% PP
 

 

EN MAREA 10.072 18,21%      
 

 

PSdeG-PSOE 9.812 17,74% 13.560 24,40% PSdeG-PSOE
 

 

DO 5.382 9,73% 3.195 5,75% DO
 

 

BNG-NÓS 2.697 4,87% 4.091 7,36% BNG
 

 

C's 1.949 3,52%      
 

 

PACMA 646 1,17% 330 0,59% PACMA
 

 

CxG 214 0,39% 1.328 2,39% CxG
 

 

RECORTES CERO-GRUPO VERDE 62 0,11%      
 

 

VN 61 0,11%      
 

 

PAYJ 54 0,10%      
 

 

GAÑEMOS 53 0,10%      
 

 

PCPE 41 0,07%    

RESULTADOS DE LUGO

2016 2012
  Candidaturas Votos Votos Candidaturas  
 

PP 22.961 46,76% 21.570 44,75% PP
 

 

EN MAREA 10.159 20,69%      
 

 

PSdeG-PSOE 9.072 18,48% 10.791 22,39% PSdeG-PSOE
 

 

BNG-NÓS 3.159 6,43% 3.745 7,77% BNG
 

 

C's 2.025 4,12%      
 

 

PACMA 580 1,18% 295 0,61% PACMA
 

 

PAYJ 226 0,46%      
 

 

RECORTES CERO-GRUPO VERDE 146 0,30%      
 

 

GAÑEMOS 94 0,19%      
 

 

CxG 84 0,17% 348 0,72% CxG
 

 

C 21 26 0,05% 27 0,06% C.XXI
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

2 Verdá Chovi

Ainda non viron gobernar ás Mareas, por iso o desastroso resultado nas baronías. Onte mesmo empezaron as coiteladas o espectaculo que nos espera

1 xos

Pódese dicir que Vigo é o bastión da esquerda galega, e ademáis a provincia de Pontevedra tamén, onde empatan a escanos e gañan en votos-