O medio sorriso do BNG

Pontón celebra o resultado do BNG como un "punto de inflexión" para a alternativa nacionalista. Os nacionalistas teñen motivos dabondo para estar satisfeitos co apoio recibido. Malia o que algúns prognosticaban, o BNG non foi borrado do mapa.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/09/2016 | Actualizada ás 23:08

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, celebrou o resultado da súa formación nos comicios autonómicos, nos que se fixo con seis deputados, como un "punto de inflexión" para a alternativa nacionalista.

Ana Pontón valora os resultados do BNG
Ana Pontón valora os resultados do BNG

"Desmontamos as enquisas e demostramos a fortaleza dunha organización que leva 30 anos traballando cunha base sólida neste país", manifestou.

Con todo, recoñeceu que o resultado non é aquel polo que traballan, xa que aspiraban a conseguir unha "alternativa de cambio".

Ana Pontón compareceu ante os medios sobre as 23,00 horas deste domingo unha vez escrutado o 98%, que outorga un total de 117.647 votos ao Bloque e seis deputados.

Así, a formación frentista só cede un escano con respecto aos comicios autonómicos de 2012, nos que se fixo con sete.

Manteń o grupo parlamentario

Con máis do 98% escrutado, o Bloque obtén 6 deputados con máis de 117.000 votos e o 8,3% dos votos. Nas eleccións de 2012, o Bloque obtivo 7 deputados e 146.000 sufraxios (10,1%). Estamos pois ante un leve descenso respecto a uns resultados que hai 4 anos a propia fonte cualificou como malos.

Con todo, cómpre ter en conta de onde ven o Bloque. Nas eleccións xerais de xullo a fronte non logrou superar o 5% en ningunha provincia. Na dirección e na militancia do BNG estendeuse o temor de que, de repetirse a desfeita, non sacarían nin un só escano nas autonómicas. Unha hecatombe non vista na historia do nacionalismo na autonomía.

As enquisas da precampaña calmaron algo os ánimos. Os nacionalistas sumaban na maioría dos estudos entre 2 e 4 deputados. A presenza no Pazo do Hórreo parecía garantida, pero non así o grupo parlamentar, para o que se precisan 5 representantes. 

Os seis escanos logrados, aínda que só sexan 5, no caso de que baile un representante co pouco que queda por recontar, garante ese grupo parlamentar, vital para a maltreita economía da fronte. E o que é máis importante, supón a constatación de que o BNG ten unha base de electorado fiel, polo menos nas autonómicas, que vai seguir confiando neles incluso cando todo o mundo sabe que son outros os que van liderar a oposición ao PP. 

Outro motivo de optimismo é o bo papel de Ana Pontón como referente electoral. A nacionalista demostrou estar moito máis fogueada que os candidatos da marea e do PSdeG durante o debate co PSdeG. Un “efecto Pontón” que a fronte tratou de acrecentar nas redes sociais na recta final da campaña. 

Polo de agora a fronte non fixo unha valoración oficial. Con todo, o secretario xeral xa presumiu de que "daban ao Bloque por morto pero o efecto Ana Pontón e o traballo foi moi relevante". As declaracións de Bieito Lobeira na Radio Galega coinciden no estado de ánimo de moitos dos seus militantes.

Preocupados porque Feijóo repite e o BNG retrocede, aínda que sexa só un pouco, pero tamén con medio sorriso porque aqueles que os querían enterrar non lograron o seu obxectivo.

E tamén optimistas porque o resultado das mareas, incapaces de derrubar a Feijóo ou de superar claramente ao PSdeG, pode provocar convulsións no partido instrumental e así, abrir a porta a que os nacionalistas recuperen os electores que se lles marcharon canda Xosé Manuel Beiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Costumista

Muita genreira vejo eu no sorpassilho mareil, tremendo ostiom isso si q e perda de votos em tempo récord :408.370 votos gerais 2015 344.143 votos gerais 2016 (junho) 268.574 2016 votos autonomicas (setembro) #HAIMAREA #SISEPUEDE

4 Chafariz

Vaia, pensei que desta volta terían difícil seguir celebrando os resultados coma nos últimos anos, pero de novo volven superarse. Agora o "truco" é comparar os resultados coas enquisas. Dábannos 2, e sacamos 6. Entón, "subimos" 4. Unha proeza. Dá igual que teñamos un deputado menos e sigamos baixando en votos, ou que esteamos case igual que hai 30 anos. Para cando as enquisas os poñan fóra do parlamento, verán como un éxito acadar o 4.98% dos votos quedando ás portas de entrar.

1 xan perillan

Outra vaca no maínzo! Bravo!

3 Galegus

Ana, obxectivo conseguido: a seguir trincando 5.000 euros mensuais durante catro anos máis. Xa queda menos para a xubilación dunha vida laboral completa ben mantida pola UPG co diñeiro de todos os galegos

1 O que hai que ouir

Se divides polas horas de traballo igual cobras ti máis por hora pailán, temos a Frijolito por catro anos e andas con esas, temos o que merecemos por merdeiros coma ti.

2 sorpaso

Seica os mareantes non van cobrar de tódolos galegos?, seica os mais de 20 asesores que ten o Ferreiro non cobran de tódolos contribuintes coruñeses, demagoxias.

2 Veritas

Sempre alimentando a cizaña e poñendo a mareas e a BNG coma carroñeiros o un do outro .....entre os dous dan un resultado electoral que demostra unha esquerda mais forte que nunca en Galiza, maila que a moitos lles pese....o que e incuestionabel e que Galiza quere PP por 4 anos mais.....agora a vivir a experiencia de seguer a gañar nos rankings das rexions mais pobres de Europa.....

1 Roura

Parabéns a La Voz de Galicia, ao PP e á TVG polo resultado do BNG.

1 Que dis

Pero se ti votaches AGE nas últimas.

2 xan perillan

O teu comentario deixa ben ás claras hacia quen dirixes a túa inquina. Non te mordas na lingua, Roura!