Feijóo e o seu “amor” por Galicia

O líder do PPdeG fai súa e de Rajoy a vitoria nas galegas e anuncia que “servirá” ao pobo galego ata o 2020 descartando ir a Madrid.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/09/2016 | Actualizada ás 00:55

Comparte esta noticia

O “amor” de Feijóo chámase Galicia. E non é unha frase feita, senón que así o demostrou o líder do PPdeG este domingo. Ata en 20 ocasións repetiu Feijóo o nome do país que o viu crecer como político e que fixo del un dos presidentes máis lonxevos da democracia, tan só superado por Manuel Fraga. E é tanto o amor que lle profesa que dixo que o seu obxectivo estes catro anos serán “traballar e traballar” por Galicia.

Feijóo e Pedro Puy comparecen tras a victoria electoral do PPdeG
Feijóo e Pedro Puy comparecen tras a victoria electoral do PPdeG

Por iso, e cuns resultados históricos que cimentan a súa terceira maioría absoluta e danlle folgos ao sue líder en Madrid, Feijóo quixo deixar claro o seu músculo político porque, dixo, Galicia é "unha excepción da política española". Por iso, e tras lograr manterse como o único presidente autonómico con maioría absoluta de España, subliñou que el non é "salvador de ninguén, senón servidor de todos".

Feijóo deixou claro que seguirá traballando por e para Galicia ata o 2020, aínda que non é a primeira vez que promete algo en política e logo non o cumpre, como a súa intención de presentarse, tan só, a dúas lexislaturas. Así, e fronte a quen o sitúa na política española, insistiu en que para el "non hai maior honra que servir a Galicia".

Nunha intervención ante decenas de simpatizantes e militantes, nunha celebración na que tamén se atopaban a súa nai, a súa irmá e a súa parella, Feijóo agradeceu as chamadas de felicitación recibidas, empezando polo seu xefe de filas, Mariano Rajoy, ao que agradeceu a súa participación nunha campaña "a medias".

Tamén aproveitou a presenza dun gran número de medios españois para lanzar unha mensaxe en clave galeguista: "Non é a min a quen tedes que escoitar; pídovos que lle prestedes atención a Galicia porque este pobo merece ser escoitado".

Neste sentido, prometeu que Galicia non se vai a parar", senón que "seguirá avanzando desde o primeiro minuto" e anunciou que Pedro Puy "volverá dirixir" a un grupo de 41 deputados, e aproveitou para reiterar a súa mensaxe de compromiso coa comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Montesío

Non vaia ser que o Raxoi lle saque máis fotiños...