As mulleres serán maioría no grupo do BNG, coa novidade do veterano músico Xosé Luis Rivas 'Mini'

O grupo parlamentario do BNG estará composto por un total de seis deputados, un menos que na anterior lexislatura. Catro deles estrearanse no hemiciclo galego ao ser escollidos por primeira vez nos comicios para ocupar un escano.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2016 | Actualizada ás 01:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O grupo parlamentario do BNG estará composto por un total de seis deputados, un menos que na anterior lexislatura. Catro deles estrearanse no hemiciclo galego ao ser escollidos por primeira vez nos comicios para ocupar un escano.

No novo grupo que conformará a organización frentista no Parlamento destaca a ampla representación feminina, con catro escanos de seis ocupados por mulleres, incluída a candidata á presidencia da Xunta e voceiro nacional do BNG, Ana Pontón.

A CORUÑA

Ana Pontón (Sarria -Lugo-, 1977) é dende febreiro de 2016 a voceiro nacional do BNG e dende 2001 ocupou a primeira liña política da formación frentista. Licenciada en Ciencias Políticas, foi deputada no Parlamento nas últimas catro lexislaturas, cando en 2004 tomou posesión da súa acta en substitución de Pilar García Negro.

Xosé Luis Rivas 'Mini' (San Martiño de Pacios, Begonte -A Coruña-, 1951), profesor xubilado e músico. Foi alcalde de Boimorto en 2015 ata que foi desaloxado en menos dun ano por unha moción de censura. Concorreu ao Senado nas dúas últimas eleccións xerais e nas dúas ocasións logrou máis votos que o BNG na provincia coruñesa.

LUGO

Olalla Rodil (Ribeira de Piquín -Lugo-, 1989), concorreu como cabeza de lista ao Congreso nas dúas últimas eleccións xerais. É Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e ten un máster en Estudios Internacionais e é redactora de Sermos Galiza.

OURENSE

Noa Presas (Ourense, 1987), é licenciada en Filoloxía Galega e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e traballou como lingüista, profesora e teleoperadora. Concorreu como cabeza de lista ao Congreso nas dúas últimas eleccións xerais.

PONTEVEDRA

Luís Bará (Vilaboa -Pontevedra-, 1965) Fue director xeral de Cultura co bipartito (2005-2009) e participa en iniciativas sobre a memoria histórica. É concelleiro do goberno local de Pontevedra e tamén foi edil na oposición no mandato que comezou en 1995.

Montse Prado (Cambados -Pontevedra-, 1965), formou parte da primeira dirección nacional de Galiza Nova e foi concelleira en Cambados entre 1991 e 2005, ano no que foi nomeada delegada da Consellería de Innovación en Pontevedra. Tras as eleccións autonómicas de 2009, foi nomeada membro do Consello de Administración da CRTVG.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta