Martiño Noriega insta a "respectar a vontade popular" e "asumir o rol" de oposición para En Marea con "ilusión"

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), instou este luns a "respectar a vontade popular" tras as eleccións do domingo e a que En Marea "asuma o rol" de oposición coa "máxima ilusión".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2016 | Actualizada ás 14:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), instou este luns a "respectar a vontade popular" tras as eleccións do domingo e a que En Marea "asuma o rol" de oposición coa "máxima ilusión".

En declaracións aos medios, Noriega admitiu que a formación tiña como "grande obxectivo evitar unha nova maioría do Partido Popular", algo que non foi "capaz de lograr".

Do mesmo modo, recordou que "hai un mandato da cidadanía galega" respecto a En Marea para que "lidere a oposición ao Goberno do PP". "Cando a xente fala hai que respectar a vontade popular, asumir o rol e intentar facelo do mellor xeito, co máximo compromiso e a máxima ilusión," resumiu.

Por outra banda, rexeitou facer unha "tradución" dos resultados deste domingo en termos municipais, argumentando que o que "toca" no concello é "seguir traballando no local".

"Tócanos non nos flaxelar máis do que nos flaxelan dende fóra", indicou Martiño Noriega, que advertiu o PP local dos riscos de "vender a pel do oso antes de cazalo". "Quédannos dous anos e oito meses de traballo e, por moito que algúns intenten vender a pel do oso antes de cazalo, dentro de dous anos e oito meses xa falaremos", sentenciou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta