Ferreiro non descarta “algún erro” na campaña de En Marea, pero nega que o resultado sexa “malo”

O alcalde da Coruña alega que o proxecto de confluencia se fixo "en tempo marca" e cre que se estivese "máis maduro" obterían mellores resultados

Por E.P. | A CORUÑA | 26/09/2016 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, achacou á falta de tempo e a "algún erro" durante a campaña electoral uns resultados para En Marea que "non foron de todo malos", xa que se sitúa como segunda forza e a "alternativa" ao PP.

Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, alcalde da Coruña
Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, alcalde da Coruña

A preguntas dos xornalistas, Ferreiro recoñeceu a "incontestable" vitoria do PP nas eleccións autonómicas ao revalidar a maioría absoluta. Non obstante, a pesar da derrota, Ferreiro sostén que os votos dos cidadáns posicionan a En Marea como a segunda forza máis votada, a "alternativa" aos populares.

Ferreiro alegou que a confluencia de forzas se fixo "en tempo marca" ante o adianto electoral e considera que se o proxecto estivese "máis maduro", os resultados "serían mellores". "É certo que o construímos no tempo que foi e o adianto electoral non nos beneficiou", dixo.

Tampouco descarta que se cometeran erros durante a campaña electoral: "Seguramente algún erro de campaña habería para que as cousas non saísen todo o ben que puideron", apuntou o rexedor herculino, quen, a pesar disto, considera que os resultados "non foron de todo malos".

Precisamente, en relación ás discrepancias internas con Podemos durante a campaña, aínda que non as considera "graves", recoñece que o "ruído" non é bo durante os días de campaña, e máis se se magnifica.

"PROXECTO ENRAIZADO EN GALICIA"

"En Marea é autónoma", asegura Ferreiro, que aposta por seguir traballando para que este sexa un proxecto enraizado en Galicia e ir construíndo esta organización, que non está de todo asentada porque se fixo "nun tempo marca".

E é que, na súa opinión, o feito de que En Marea sexa a segunda forza máis votada en Galicia permite "sentar as bases" para un traballo de catro anos no Parlamento" e, unha vez pasado ese tempo, situarse como "unha alternativa máis forte".

Cuestionado sobre se a falta de acordo co PSOE puido influír nos resultados, Ferreiro admitiu que o electorado aprecia cando as forzas políticas non conseguen poñerse de acordo.

"Os resultados do PSOE son complicados", dixo o rexedor herculino, que asegura que os socialistas "non sairán ben parados" se non colaboran e facilitan a gobernabilidade das institucións nas que poden facelo -como é o caso do Concello da Coruña-.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Pendelho

É possível que o PSdG ganhe uma nova acta co reconto do voto dos residente ausentes. De ganhar um novo posto no Hórreo, o PSdG passaria a ser a segunda força em número de escanos.

2 vou

Os resultados non son malos?? este fulano debería saber que as hemerotecas rachan cas insolencias, fai poucas semáns, cando nos presentou a Villares ( de antes só o coñecían os seús e pouco mais), xa nos falaron de alternativa ó gorberno, que ian loitar de "tú a tú" cos Ppodridos para sacalos da Xunta, e agora 14 deputas é un bo resultado?? Vai cagar!!!

1 Moi ben barón

Que vai decir Ferreiro os peores resultados foron nas tres baronías. Convocada xa asemblea de Podemos para rachar coa Marea e onte Mario Lopez Rico atacando a Iglesias Turrión. Fagan acopio de palomitas.

1 Fenicio

Do primeiro que tería que falar Mario López Rico https://www.facebook.com/diariodefe...