A cátedra Galicia-América recupera a visión da emigración e busca "actualizar" vínculos entre galegos e arxentinos

A cátedra Galicia-América da Universidade Nacional de San Martín (Arxentina) ofrece un espazo no que no que se quere recuperar a visión da emigración e "actualizar" os vínculos entre as comunidades de galegos e arxentinos.

A CORUÑA | 26/09/2016 | Actualizada ás 15:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A cátedra Galicia-América da Universidade Nacional de San Martín (Arxentina) ofrece un espazo no que no que se quere recuperar a visión da emigración e "actualizar" os vínculos entre as comunidades de galegos e arxentinos.

A Real Academia Galega (RAG) acolleu este luns a presentación desta cátedra da Universidade Nacional de San Martín (Arxentina). Trátase dun espazo de reflexión, crítica, investigación e difusión da cultura.

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero; e o escritor e director da catedra, Manuel Rivas, xunto cos profesores arxentinos Mario Greco e Micaela Cuesta, foron os encargados de afondar nesta cita, que radica no programa 'Lectura Mundi' da Universidade de San Martín.

O programa é unha área transversal que promove a lectura en toda a Universidade, xera debates científicos e desenvolve investigacións específicas.

Na presentación, o profesor Mario Greco destacou que as actividades se constrúen sobre o vinculo entre galegos e arxentinos a través da xeración dunha nova linguaxe.

Así, asegura, conséguese "ter un punto de apoio e coidar todo aquilo que constitúe o testemuño da emigración e ao mesmo tempo traer o recordo".

Desta forma, a través das actividades que xa puxo en marcha esta cátedra, volverase construír un diálogo cunha "Galicia crítica", explica Greco.

"ESPAZO CRÍTICO"

Pola súa banda, Manuel Rivas incidiu na visión da emigración que outorga esta cátedra, que ofrece "un taller de traballo aberto ás vangardas de América e de Galicia".

Así, comentou que non se trata dunha cátedra convencional senón dun "espazo crítico" que invita a unha reflexión histórica situando á emigración como eixe central do discurso.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta