Por unha esquerda patriótica e rupturista

Paso o que estaba anunciado. Feijoo logro continuar na Xunta e reforzar a súa poder político e a Marea fracaso no intento de ser a alternativa á dereita.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 27/09/2016

Comparte esta noticia

Dous gañadores desta xornada: o PP que malia as políticas neoliberales e a corrupción do seu partido no Estado español logro maioría absoluta e o BNG que foi un autentico ganador moral.

Agora mais dun militante intenta interpretar a conduta electoral dos votantes. Ata se animan a culpabilizar ao pobo destes resultados. Potenciando unha vez mais o auto odio. Era difícil presentar unha alternativa sólida coas forzas políticas progresistas divididas. Marea carecía dun candidato como Xosé Manuel Beiras que puidese xerar o efecto de AGE. A mensaxe desta confluencia estaba baleira de contido e os seus candidatos descoñecidos e irrelevantes.

O que si estivo claro que ningunha organización reivindicou o espazo da esquerda. A similitude de mensaxes e propostas determinaron que case todas fosen iguais coa diferenza do estilo nacionalista do BNG. Como lóxica esta o empate electoral de Marea e o PSOE.

Este resultado electoral pon de manifesto que o “ciudadanismos” como concepción política comeza a entrar en crise. Estámolo vendo en Podemos. Unha forza política que naceu nun plató e terminará morrendo tamén nun plató.

As consecuencias destas políticas reformista, socialdemócratas, é que no canto de avanzar en conciencia e organización, estamos retrocedendo. As masas que se entusiasmaron co cambio, agora comezan a desilusionarse. Os actores políticos os traballadores e os sectores afectados pola crise, que gañaran a rúa, agora están desmovilizados.

Fai uns anos a monarquía e o seu modelo estaba en total crise e agora consolidouse con intercambios de agasallos e outras caralladas. Xa poucos falan de Republica.

Mentres que isto sucede en Cataluña unha gran maioría social emprende o camiño da ruptura co Estado borbónico e no País Vasco se esta por abrir un proceso constituyente propio.
Cos actuais bimbios é moi difícil de facer unha cesta que sexa o marco de contención dos que desexan a transformación social e política da nosa patria.O traballo será lento, pero será necesario reconstruír a esquerda rupturista, patriótica e anticapitalista no noso país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.