O PP supera a metade dos votos en case o 70% dos municipios e logra máis do 80% en tres de Ourense

O PP superou este domingo a metade dos votos en case o 70 por cento dos municipios galegos --en 215 dos 314 que hai na comunidade-- e chegou a superar o 80% en tres ourensanos --Avión (88,75%), Beariz (87,52%) e Quintela de Leirado (83,33%)--.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2016 | Actualizada ás 21:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O PP superou este domingo a metade dos votos en case o 70 por cento dos municipios galegos --en 215 dos 314 que hai na comunidade-- e chegou a superar o 80% en tres ourensanos --Avión (88,75%), Beariz (87,52%) e Quintela de Leirado (83,33%)--.

Na Coruña, os populares conseguiron máis do 50% dos votos en 56 dos 93 concellos, cun teito do 77,6% en Ás Somozas. O PSOE foi primeira forza en A Capela, onde logrou o 40% dos apoios, o que se traduciu no peor resultado provincial do PP (cun 32,17% dos apoios).

No caso de En Marea, o mellor resultado provincial conseguiuno en Mugardos, onde se situou como segunda forza, cun 24,49% dos votos. No polo oposto, en Vilasantar, como cuarta forza, non chegou ao 5% dos sufraxios emitidos polos seus veciños.

O BNG superou o 30% dos votos en San Sadurniño, onde se colocou como segunda forza coa súa maior porcentaxe de apoio electoral na provincia de A Coruña. En Val do Dubra quedou como cuarta forza e un 3,99 por cento dos apoios.

O PARTIDO ANTICORRUPCIÓN, QUINTA FORZA EN NAVIA

Na provincia de Lugo, os populares obtiveron máis da metade dos votos en 50 dos 67 concellos da provincia (o 75%). Superaron o 70 por cento en Abadín (onde o PSOE obtivo o peor resultado da provincia), Carballedo e Friol.

Os socialistas gañaron en tres concellos --Negueira de Muñiz (40,54%), Pedrafita (50,08%) e Ribeira de Piquín (48,21%)--. En Negueira, o PP rexistrou o seu peor resultado da provincia.

Pola súa banda, En Marea obtivo o seu mellor resultado de Lugo en Cervo, onde foi segunda forza, cun 22,6% dos apoios. Á súa vez, o peor dato do BNG (cun 1,42%) rexistrouse en Pedrafita e o mellor, en Pobra do Brollón, onde se situou como segunda forza cun 21,58%.

A mellor cifra porcentual de Cidadáns (C's) en Lugo, computouse na cidade da muralla, cun 4,12 por cento. En Navia, o Partido anticorrupción e Xustiza (PayJ) colocouse como quinta forza, co 1,32% dos votos.

OURENSE

En Ourense, o peso do PP tamén foi significativo, xa que en 75 dos 92 concellos bateu a barreira da metade dos votos e nesta provincia é na única na que supera o 80% das papeletas obtidas ata en tres casos.

O PSOE, pola súa banda, consegue ser primeira forza en tres municipios e en dous suma máis do 50% dos votos. Os tres concellos son Calvos de Randín (52,43%), Entrimo (50,91%) e Parada de Sil (40,49%). En Entrimo, os populares rexistran a súa cifra máis baixa de apoios na provincia (un 34,50%).

En Marea, pola súa banda, situouse como primeira forza en Vilar de Santos (onde o alcalde, Xan Jardón, quen se presentou por Compromiso por Galicia, acabou apoiando o proxecto encabezado por Luis Villares).

PONTEVEDRA E CIDADES

En canto á provincia de Pontevedra, 34 dos 62 concellos obtiveron máis do 50% dos votos. O PSOE foi primeira forza en A Illa de Arousa (cun 36,25%), mentres que o PP ten nesta localidade a súa porcentaxe máis baixa (un 26,84%).

Os socialistas tamén foron primeira forza na localidade pontevedresa de Fornelos de Montes.

No ámbito urbano, En Marea situouse como a segunda forza máis votada nas cidades atlánticas de A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra e Vigo, e logrou, en todos os casos, aumentar o número de votos (salvo na capital compostelana) con respecto aos resultados obtidos por AGE nas autonómicas de 2012.

O partido instrumental encabezado polo exmaxistrado Luís Villares sitúase en segundo lugar tras gañar uns 20.000 votos nestas cidades con respecto ás anteriores eleccións galegas (sempre tomando como referencia os datos de AGE). Se ben é certo, en todos os casos baixou o apoio con respecto ás pasadas xerais.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta