Denuncian a cobertura que os medios públicos fixeron da vitoria de Feijóo e as felicitacións públicas de xornalistas

"Enhorabuena a @FeijooGalicia, claro, pero felicidades también a los gallegos por votar Gestión y no otras cosas. Envidia sana de ellos", escribíu unha informadora de TVE. A esta felicitación sumouse o presidente de Telemadrid.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/09/2016 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

A cobertura informativa dos medios públicos controlados polo PP volve a estar baixo sospeita, especialmente, en Madrid. Xa xurdiron críticas polo tratamento informativo dado ao PP e a Feijóo por parte de RTVE e Telemadrid, así como algúns comentarios de xornalistas dos medios públicos galegos e españois sobre a súa vitoria.

Alberto Núñez Feijóo na emisión de La noche en 24 horas de TVE
Alberto Núñez Feijóo na emisión de La noche en 24 horas de TVE

Un total de 22 minutos de emisión. Iso foi o que lle adicou o programa 'La noche en 24 horas' de RTVE ao discurso do presidente da Xunta, ademais doutros 9 minutos á secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal. Un tempo que contrasta cos 9,20 minutos que se lle adicaron a Íñigo Urkullu, gañador en Euskadi.

Antes dos 22 minutos adicados a escoitar íntegramente a Feijóo, o xornalista galego, Fernando Ónega, non escatimou eloxios ao candidato popular. Entre o seu argumento sinalou que cre que Feijóo "se consolida como o sucesor natural de Rajoy e entendo que a súa presentación a estas eleccións obedece a unha especie de pacto entre Rajoy e o presidente da Xunta para ter ese desenlace dentro de catro anos".

Por iso, o presidente do ente público, Victor Arribas, volve estar no ollo do furacán, sobre todo, tras outras polémicas suscitadas en RTVE pola gran cobertura a eventos do PP e a exhaltación de problemas da oposición. UXT advertiu este verán que o perfil Arribas é "tan de dereitas de dereitas de dereitas que Gundín ou Jareño ao seu lado parecerannos esquerdistas incontrolados".

Felicitación de xornalistas

Por outra banda, as felicitacións públicas de xornalistas dos medios públicos a Feijóo foron duramente criticadas por outros profesionais públicos. Así, tanto o presidente de Telemadrid, Salvador Molina, como a xornalista de TVE Susana Burgos enviaron a través das redes sociais sendas mensaxes de felicitación e ánimo para o PP e para o presidente galego. Unhas felicitacións que molestaron, e moito, ao tamén xornalista da TVE, Xabier Fortes, responsable do Consello de Informativos da televisión pública.

"Enhorabuena a @FeijooGalicia, claro, pero felicidades también a los gallegos por votar Gestión y no otras cosas. Envidia sana de ellos", escribía nun tweet Susana Burgos pouco despois da vitoria do PPdeG. Pouco despois, e tamén a través desta rede social, Molina se sumaba a esta felicitación.

Un feito que foi duramente criticado por Fortes que tamén publicou varios tweests sobre estas felicitacións: "Flipando!!!! Una redactora paralela de TVE procedente de Intereconomía acaba de ejercer de hooligan del PP en twitter. Una cosa es analizar resultados o interpretar corrimientos de votos, y otra muy distinta jalear o hacer periodismo bufandero. TVE no debe ser el fondo norte de Genova, Ferraz o de cualquier círculo de Podemos. Esto es sencillamente intolerable en la televisión publica", sinalaba.

Fortes explicou noutros comentarios que Burgos é unha das xornalistas que integran a chamada 'redacción paralela' que chegou procedente de Intereconomía e que xa protagonizou unha polémica cando antes de ir a Grecia como enviada especial anunciou en Twitter que ía ver que "estupideces" dicía Tsipras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 anonimo

E a cobertura que fixeron os medios galegos da campaña do BNG? Especialmente os da provincia de Pontevedra. Así gañaba o Tour o americano ese do que despois se soubo o que se soubo.

2 frodo

Ao mellor, a éstes do PP, igual lles foderon (ou non), a alguén próximo a cambio de traballo pero non se deron conta, ou ao mellor, miraron para outro lado... Lástima non lles fagan a eles o mesmo (só o mesmo, nin máis nin menos...), que lle fixo ese do PP de Ourense a esa muller a cambio de traballo, e ainda por riba, incumprindo o pactado. Hai que foderse!!!. Así nos vai. Saúde.

1 ANFPP

Carraxe? Galicia é PP e o PP é Galicia, por moito que vos fastidie.

1 kinocho

borreguiño se roubastes o que nin se sabe... e ainda encima traballo a cambio de sexo.... sodes uns caciques.

2 anonimo

E asi nos vai: paro, emigracion e problemas demográficos, crise dos nosos sectores económicos, desigualdade, a sanidade publica peor ca nunca, debeda pública, a lingua propia relegada no ensino, lumes no veran, etc. Soamente hai que compararnos coas outras nacionalidades historicas e ver en cal hai menos industria, peores infraestructuras e unha poboacion mais vella. Un pobo donde a xuventude mellor formada emigra é un pobo sen futuro que aspira so a ser un xeriátrico ou monte avandoado. Por certo, os galegos son moi dados a votar a quenes identifican co poder e logo manifestarse coa esquerda na rua en defensa dos seus dereitos.