“Subnormales”, “paletos”, “putos”, “fachas”, “narcos”... algúns dos insultos aos galegos tras o 25S

O resultado das eleccións galegas xerou unha avalancha de mensaxes nas redes sociais cheas de desprezo e insultos ao pobo galego e a Galicia. GC recolleu unha escolma destes chíos publicados dende toda España.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/09/2016 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Carraxe, odio, desprezo... Centos de chíos véñense publicando en Twitter, dende todos os recunchos de España, contra o pobo galego, tras a vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións do pasado domingo. Os tópicos sobre galegos que tan asimilados están no resto do Estado, acompañados de insultos moi duros dirixidos a toda Galicia, non son algo anecdótico nestes días.

Un dos chíos nos que se insulta aos galegos tras as eleccións do 25S.
Un dos chíos nos que se insulta aos galegos tras as eleccións do 25S.

"Subnormales", "putos", "paletos", "aldeanos", "borregos", "analfabetos", "ignorantes", "fachas", "fascistas", "gilipollas", "narcotraficantes", "asco", "vacas", "vagos", "corruptos"... son só algunhas das palabras que veñen usando fanáticos en Twitter dende o pasado domingo para cualificar a todo o pobo galego. Mesmo hai quen considera que ofende pedindo que Galicia sexa separada de España.

Velaquí unha escolma cos chíos que pretenden ofender aos galegos, publicados dende outras partes do Estado e ordenados cronoloxicamente, do máis novo ao máis antigo (podes ver todos os chíos facendo scroll cara abaixo sobre o contido).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

6 polo pan...

Así dghué como o xornal do partido rebaixa que un Deputado en Cortes que viaxaba en Bussiness ata que o pillaron chame ignorante á case 97mil persoas das que representa. Poñendo a miles de cazurros que non son Deputados galegos no Congreso. Noraboa, hoxe gañáchedes unha codia de pan

5 Androide

E Miguel Anxo Fernán Vello apuntándose a esta lista de insultos!

4 XanKaraLlás

Os galegos quedamos como sub normais, como o que somos, cada vez que se convocan eleicións. Sobre todo no rural, vótase co cu e en contra dos propios intereses, como auténticos pailáns.

1 Galahaz

Pu.ta manía de pensar que o pobo galego é ignorante, non sabe o que quere ou que "vota co cú". E non será, señor XanKaraLlás, que o pobo galego sabe perfectamente o que quere, ou se o prefire, sabe perfectamente o que non quere? En toda a historia da Autonomía só houbo unha vez na que "as esquerdas" obtiveron máis escanos que "as dereitas" no Hórreo, en 2005, e iso porque o PP presentara un Fraga desgastado e nas últimas. Galiza non é de esquerdas (por desgraza para os que si o somos), asúmao. Igual había que empezar por aí e buscar outras maneiras de derrotar ao nefasto PP, porque está claro que na clásica confrontación esquerda-dereita non hai nada que facer.

2 Galahaz

Historicamente nos países onde a maioría da poboación é pequena propietaria, esta tende a ser moito máis conservadora que aquela que non o é, aínda que despois vivan ambas na máis absoluta das miserias. É algo sociolóxico e estudado e que explica, por exemplo, como no sur de España, onde as terras eran de terratenentes e os labregos non eran na súa maioría máis que xornaleiros, a esquerda estea máis enraizada na poboación, ao igual que nas zonas mineiras (Asturias) ou de grande peso industrial (área metropolitana de Barcelona). En Galiza, por moito que a poboación se urbanizara nas últimas décadas, o compoñente conservador derivado de toda a nosa historia segue aí na idiosincrasia da xente. Quen non entenda isto non entende o país.

3 Galahaz

E isto non é algo exclusivo da Galiza ou do Estado español. Tamén pasa o mesmo, por exemplo, en Portugal, onde os efectos da reconquista sobre o réxime de distribución das novas terras tiveron un efecto similar na idiosincrasia das xentes das diferentes rexións: https://upload.wikimedia.org/wikipe...

3 Viriato

En el fondo se comprueba la sentencia de que los nacionalistas son gente que odia profundamente esa nación que dicen defender. Cuando se combina con el pensamiento de izquierdas se llega a extremos aberrantes. Por eso dadie odia más que un nacionalista gallego a lo que ha sido y es Galicia, un gran lugar para vivir. Yo de ellos pondría fin a tanto sufrimiento.

1 XanKaraLlás

¿Galicia "ha sido y es un gran lugar para vivir"? Sí, será por eso su tradicional emigración, la gente se iba (ahora vuelve a irse) por su gran vocación viajera, ¿no? Se iban por hacer turismo. Os galegos por desgracia merecemos todos eses "piropos" que nos botan nas redes sociais, porque NON son insultos, son VERDADES.

2 Galegus

Xan, recordas a a algunhas mulleres maltratadas: "cando me insulta e pega é polo meu ben". Mereceralo ti e os teus secuaces; a inmensa maioría dos galegos non nos merecemos eses insultos dos vosos amigos. Coma se os ingleses, alemáns ou italianos non emigrasen por millóns ao longo da historia.

2 Duro

Ten razón Fernán Vello. A metade dos galegos son uns ignorantes. Como os alemáns e ingleses,que teñen gobernos de dereitas. Mellor nos iría de seguir o exemplo dos venezuelanos. Maduro defende ao pobo, nos aos ricos e poderosos.

1 si ohh

Si si, pois Meu, a ver si te enteras un pouco da "farándula" xa que moitos dos twitters veñen directamente de xente de Podemos e nin desimulan en ocultar o seu logo, por suposto en CG non os puxeron, nin os poñerán, esos que agora van de esquerdosos e non son mais que uns españolistas do carallo, Mais nos fode a nós que teñamos que soportar otra vez a dereita rancia no noso país, pero que viñeron a ofrecer os podemitas a Galicia para que a xente trocase de voto? cál é o programa? Que lle den!!