Fundamar inicia a campaña 'A prevención, o mellor salvavidas', para reducir sinistros e garantir seguridade

A Fundación para a Pesca e o Marisqueo, Fundamar, presentou a campaña de sensibilización 'A prevención, o mellor salvavidas', que desenvolve en colaboración coa Xunta para informar sobre boas prácticas orientadas a reducir sinistros e garantir a seguridade dos traballadores no sector pesqueiro.

VIGO | 27/09/2016 | Actualizada ás 18:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Fundación para a Pesca e o Marisqueo, Fundamar, presentou a campaña de sensibilización 'A prevención, o mellor salvavidas', que desenvolve en colaboración coa Xunta para informar sobre boas prácticas orientadas a reducir sinistros e garantir a seguridade dos traballadores no sector pesqueiro.

A presentación oficial desta iniciativa, que busca dar resposta a situacións de emerxencia marítima na pesca e sensibilizar sobre a importancia da prevención neste sector, tivo lugar este martes na sede da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo, tras o que se celebrou unha mesa de debate sobre 'Xestión das emerxencias marítimas'.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, durante a súa intervención puxo en relevo o valor desta campaña, xa que o sector pesqueiro en Galicia "leva maiores riscos asociados" polas súas propias peculiaridades, pola propia climatoloxía e pola incidencia de accidentes marítimos nos propios buques.

Nesta liña, a organización de Fundamar recordou que os accidentes marítimos acaecidos nos últimos anos "requiren da adopción de medidas orientadas a reducir este tipo de sinistros", sendo a información, formación, divulgación e sensibilización "elementos básicos para garantir a seguridade e saúde dos traballadores".

Así, por medio desta campaña daranse a coñecer as principais situacións de emerxencia, as súas causas e consecuencias, faranse recomendacións de mellora e trasladaranse propostas que incidan na redución de sinistros. Para iso, tras a xornada inicial deste martes, celebraranse xornadas informativas de concienciación e divulgación nos principais portos galegos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta