Expertos abordarán o "Internet das cousas" nun encontro organizado o mércores en Vigo pola Amtega

Un novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) terá lugar o 28 de setembro no marco da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2016 | Actualizada ás 06:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) terá lugar o 28 de setembro no marco da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital.

Segundo informa a Xunta, a xornada abodará o "Internet das cousas" (IoT nas súas siglas en inglés) coa participación de expertos na materia e desenvolverase na sede do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia Gradiant, no campus universitario de Vigo.

O director da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense e membro da xunta de goberno do CPEIG, Francisco Javier Rodríguez Martínez, será o encargado da benvida institucional.

A continuación intervirá o director do primeiro master sobre IoT e catedrático da Universidade de Salamanca, Juan Manuel Corbacho. Tras un breve descanso, falará José Antonio Losas, CTO de Conexiona.

O último en intervir no faladoiro dixital será o xefe de Servizos de Feiraco, o enxeñeiro agrónomo Rafael García Gabeiras. Unha mesa redonda pechará a xornada coa participación dos conferenciantes e do público.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta