Feijóo presidirá este mércores a Xunta Directiva do PPdeG para avaliar os resultados electorais

O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presidirá este mércores a Xunta Directiva do partido para avaliar os resultados electorais da cita coas urnas do pasado domingo 25 de setembro, cando logrou revalidar a súa terceira maioría absoluta, a única autonómica de España.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2016 | Actualizada ás 07:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presidirá este mércores a Xunta Directiva do partido para avaliar os resultados electorais da cita coas urnas do pasado domingo 25 de setembro, cando logrou revalidar a súa terceira maioría absoluta, a única autonómica de España.

A cita, convocada para a mañá deste mércores nun hotel compostelano, é habitual en proceder da formación popular, xa que Feijóo adoita reunir ao máximo órgano do partido entre congresos para realizar unha análise postelectoral.

Así mesmo, tras o encontro en clave autonómica, o partido procederá a reunir as xuntas provinciais para estudar os resultados en clave máis local.

Feijóo xa arrancou a semana cunha reunión da súa cúpula directiva --o Comité de Dirección do PPdeG-- previa á súa participación no Comité Executivo do PP estatal.

Cos seus resultados do pasado domingo, a 'baronía' de Feijóo no PP queda reforzada e regresa con máis forza ás quinielas como 'delfín' de Mariano Rajoy, aínda que el insiste en que o seu "contrato" con Galicia non vence ata 2020 e que o cumprirá.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta