Falece un home de 50 anos atropelado en Santiago

Un home duns 50 anos faleceu a última hora deste martes tras ser atropelado por un vehículo en Santiago de Compostela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2016 | Actualizada ás 10:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home duns 50 anos faleceu a última hora deste martes tras ser atropelado por un vehículo en Santiago de Compostela.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu pouco antes das 21.00 horas na zona de O Restollal, onde o home cruzou de improviso unha vía de varios carrís.

O propio condutor do vehículo foi o que alertou os servizos de emerxencias indicando que un home se lle cruzara diante do seu coche e que non puidera facer nada para evitar a colisión. A vítima faleceu no acto.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Santiago, Policía Local e Protección Civil, así como unha ambulancia do 061, que certifico a morte da vítima.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta