Evacuados os tripulantes dunha embarcación que comezou a arder fronte a Baiona (Pontevedra)

Os servizos de emerxencias evacuaron na mañá deste mércores os tripulantes dunha embarcación auxiliar que comezou a arder fronte á costa de Baiona (Pontevedra).

PONTEVEDRA | 28/09/2016 | Actualizada ás 13:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias evacuaron na mañá deste mércores os tripulantes dunha embarcación auxiliar que comezou a arder fronte á costa de Baiona (Pontevedra).

Segundo informou o CAE-112 Galicia, o lume iniciouse sobre as 11,30 horas, mentres a embarcación transitaba entre Monteferro e as Illas Estelas.

O Centro de Atención a Emerxencias puxo a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas, que mobilizaron o helicóptero Pesca 1 e unha embarcación auxiliar. Finalmente as persoas a bordo foron evacuadas por outro barco e non sufriron feridas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta