(AV) Feijóo reivindica os "efectos" das galegas en España: "O sentidiño galaico move os alicerces do PSOE"

O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este mércores que os "efectos" das eleccións galegas, nas que logrou manter a única maioría absoluta autonómica de España, producen "movementos intensos" no seo do PSOE, aínda que hai que ver "ata qué punto", e manifestou o seu desexo de que contribúan a que se desbloquee a situación política estatal.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2016 | Actualizada ás 14:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este mércores que os "efectos" das eleccións galegas, nas que logrou manter a única maioría absoluta autonómica de España, producen "movementos intensos" no seo do PSOE, aínda que hai que ver "ata qué punto", e manifestou o seu desexo de que contribúan a que se desbloquee a situación política estatal.

"O sentidiño galaico move os alicerces do PSOE e para ben; para ben de España e da política, e espero que para que haxa goberno porque non podemos seguir esperando", proclamou, ante a xunta directiva do seu partido en Galicia.

Ao revalidar os seus 41 escanos na Cámara autonómica, Feijóo reforzou a súa 'baronía' no PP e a súa voz política gaña aínda máis peso no escenario estatal. El mesmo recoñeceu a noite electoral que esperaba que agora que se ía mirar cara a Galicia se "escoitase" máis ao seu pobo. Aínda que o seu resultado lle posiciona case como sucesor natural de Mariano Rajoy, este mesmo mércores insistiu ante os seus en que o seu "contrato" coa comunidade finaliza en 2020.

(HABERÁ AMPLIACIÓN CON FOTO)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta