Temas: NOVELA

A novela 'Nordeste', do compostelano Daniel Asorey, gaña o X Premio de Narrativa Breve Repsol

O profesor de lingua galega e literatura Daniel Asorey Vidal, natural de Santiago de Compostela, onde reside, gañou o X Premio de Narrativa Breve Repsol --que promoven conxuntamente a Xunta de Galicia e a Fundación Repsol-- coa obra 'Nordeste', segundo deron a coñecer os organizadores na presentación do fallo.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/09/2016 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

O profesor de lingua galega e literatura Daniel Asorey Vidal, natural de Santiago de Compostela, onde reside, gañou o X Premio de Narrativa Breve Repsol --que promoven conxuntamente a Xunta de Galicia e a Fundación Repsol-- coa obra 'Nordeste', segundo deron a coñecer os organizadores na presentación do fallo.

O acto contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o xerente da área institucional e cultural da Fundación Repsol, Gonzalo Vázquez; o director da refinaría coruñesa, Luis Felipe Llamas, e o voceiro do xurado desta edición, Armando Requeixo.

No acto, o secretario xeral de Política Lingüística reafirmou o "compromiso" da Xunta de Galicia co galardón, ao que se referiu como "un exemplo efectivo dunha iniciativa que naceu para darlle impulso á lingua e cultura galega dende a responsabilidade social empresarial".

Da obra galardoada, o xurado destacou a forma en que se aborda a "interconexión" entre Galicia e Brasil, presentando no caso da primeira "unha república galega imaxinaria". Destaca, en particular, da obra a súa "capacidade de fabulación e a súa atractiva arquitectura do relato".

Temas: NOVELA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta