Detido un mozo como presunto autor dunha agresión sexual en Xinzo (Ourense)

A Garda Civil informou da detención este mércores dun novo de 25 anos como presunto autor dunha agresión sexual rexistrada na tarde do martes na localidade ourensana de Xinzo de Limia.

OURENSE | 28/09/2016 | Actualizada ás 19:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Garda Civil informou da detención este mércores dun novo de 25 anos como presunto autor dunha agresión sexual rexistrada na tarde do martes na localidade ourensana de Xinzo de Limia.

En concreto, o mozo, J.B.S., veciño de Xinzo, está acusado de tratar de agredir sexualmente unha estudante estadounidense que facía deporte nunha pista da localidade.

Tras a agresión, a moza denunciou os feitos ante a Garda Civil e facilitou unha descrición do seu agresor, o que levou á súa detención sobre as 13.15 horas deste mércores.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta