A presidenta da xestora do PSdeG ve un "suicidio" as dimisións e cree que 17 non abondan para botar a Sánchez

A presidenta da xestora que dirixe o Partido Socialista de Galicia (PSdeG), Pilar Cancela, considerou "un suicidio" e un "despropósito" a operación que puxeron en marcha 17 membros da Executiva Federal do PSOE para forzar a caída do secretario xeral, Pedro Sánchez, e advertiu que este número de renuncias non son suficientes para disolver ese órgano de dirección.

MADRID | 28/09/2016 | Actualizada ás 19:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A presidenta da xestora que dirixe o Partido Socialista de Galicia (PSdeG), Pilar Cancela, considerou "un suicidio" e un "despropósito" a operación que puxeron en marcha 17 membros da Executiva Federal do PSOE para forzar a caída do secretario xeral, Pedro Sánchez, e advertiu que este número de renuncias non son suficientes para disolver ese órgano de dirección.

"É un despropósito, unha loucura e un suicidio. Pensei que había un pouco máis de cordura", lamentouse a tamén presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso, en declaracións a Europa Press.

Ao seu xuízo, para que se apliquen os estatutos do partido que prevén a disolución da executiva se renuncian ao cargo a metade máis un dos seus membros hai que ter en conta o número de integrantes orixinal, é dicir, 38 persoas e non as 35 que a conforman agora (tras o falecemento de Pedro Zerolo e as saídas do lucense José Ramón Gómez Besteiro e o aragonés Javier Abreu).

É dicir, segundo Cancela, os críticos terían que reunir 20 dimisións, tres sinaturas máis das que entregaron na sede federal do partido.

O pasado luns, Pilar Cancela expresou ante os xornalistas o seu respaldo á decisión de Pedro Sánchez de convocar xa o congreso do partido. "É unha decisión acertada", manifestou nunha rolda de prensa convocada para analizar os resultados das eleccións galegas, tras as que o o seu partido se sitúa como terceira forza na comunidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta