A Zona Franca de Vigo acorda investir 4,7 millóns en obras nos polígonos de Bouzas e Balaídos

O comité executivo do Consorcio da Zona Franca de Vigo acordou este mércores investir máis de 4,7 millóns de euros en varias obras nos polígonos de Bouzas e de Balaídos, así como nun proxecto de mellora urbanística da área de Bouzas.

VIGO | 28/09/2016 | Actualizada ás 20:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O comité executivo do Consorcio da Zona Franca de Vigo acordou este mércores investir máis de 4,7 millóns de euros en varias obras nos polígonos de Bouzas e de Balaídos, así como nun proxecto de mellora urbanística da área de Bouzas.

No relativo a Balaídos, o comité adxudicou á empresa Elinsa por 1,43 millóns de euros a realización das obras da subestación eléctrica, que mellorará tanto a eficiencia enerxética no polígono como a tensión na planta de GKN; e acordou licitar por 2,045 millóns a mellora das instalacións contraincendios e cubertas en dúas naves propiedade do Consorcio.

Así mesmo, no que respecta a Bouzas, foron adxudicados á empresa Hidro Miño S.L. por 1,2 millóns as obras de rehabilitación das cubertas do edificio de oficinas e de dúas naves dedicadas á almacenaxe e distribución de mercadorías.

Finalmente, acordouse convocar por 150.000 euros un concurso para redactar o proxecto de mellora urbanística da área de Bouzas, co fin de, entre outras cuestións, mellorar o benestar dos usuarios, aumentar o aforro enerxético, mellorar e reordenar a circulación, colocar nova sinalización, permeabilizar as superficies, e minimizar os residuos e a contaminación.

En relación á comisión mixta proposta polo Concello de Vigo para estudar a mellor forma de levar adiante a rehabilitación da Panificadora, por maioría do comité executivo foron designados como representantes de Zona Franca a directora de Promoción Económica, o director de Obras, o vogal do Estado Elena Muñoz e o secretario xeral do Consorcio.

"Non considerou conveniente" o comité, en cambio, formar unha comisión paritaria entre a Zona Franca e o Concello para tratar as ampliacións do Parque Tecnolóxico e de Balaídos, "dado que en ambos os dous polígonos o promotor é o propio Consorcio e a tramitación se realiza ante a Xunta a través de proxectos sectoriais supramunicipais". Non obstante, non descarta a súa conformación se durante a tramitación "fose necesario".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Un Concello tan saneado en LIQUIDACIÓN permanente? Alguén o pode explicar? http://www.farodevigo.es/gran-vigo/...

1 Gamela

Mentras Concello e Deputación queren investir 30 millons de euros na remodelación do campo de Balaídos, para que Carlos Mouriño venda o Celta por 150 millóns a un fondo institucional chinés... O mundo ao revés... e este venres vanse vender outros 4 pisos propiedade do Concello de Vigo... non vaia a ser que algún remate en malas mans (?) Mentras a Marea de Vigo (Rubén Pérez EU) GARDA SILENCIO !!! A ver se Luís Villares entende algo de todo isto... EU NON !!!