Tres detidos e un investigado pola venda de marisco ilegal en Camariñas, Laxe e Fisterra

Tres detidos e un investigado é o balance de diversos operativos que levou a cabo a Garda Civil, a través do Seprona, nos últimos meses pola venda de marisco ilegal e tóxico nos municipios coruñeses de Camariñas, Laxe e Fisterra.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2016 | Actualizada ás 14:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres detidos e un investigado é o balance de diversos operativos que levou a cabo a Garda Civil, a través do Seprona, nos últimos meses pola venda de marisco ilegal e tóxico nos municipios coruñeses de Camariñas, Laxe e Fisterra.

O primeiro operativo tivo lugar en maio en Camariñas, coa detención dunha persoa pola suposta venda de mexillón que contiña altos niveis de toxina e que causou a intoxicación de varias persoas nun restaurante.

En agosto, detívose unha persoa pola venda de mexillóns con toxicidade en Laxe nun operativo pechado o mércores desta semana, coa investigación da Garda Civil dun varón por subministrar ese marisco.

Así mesmo, o pasado 24 de setembro o Seprona de Corcubión procedeu á detención dunha persoa na localidade de Fisterra pola tenza de longueirón que excedía os niveis de toxina permitidos para o consumo humano e que se pretendía servir nun establecemento desta localidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta