Temas: GALEGO TOPONIMIA

O Colexio de Xornalistas pídelle a El Mundo que non utilice Guinzo de Limia, Poyo ou Las Nieves

Tamén lle pide ao resto de medios de comunicación presentes en Galicia que usen en todo caso os topónimos galegos na súa forma oficial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/09/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de  Xornalistas de Galicia (CPXG) pediulle ao xornal El Mundo que non volva deturpar os topónimos oficiais de Galicia. Unha petición que chega logo da publicación, o luns 26 de setembro, dunha peza informativa sobre os resultados das eleccións, na que se recollía unha serie de topónimos deturpados.

Viñeta humorística sobre a deturpación de topónimos
Viñeta humorística sobre a deturpación de topónimos | Fonte: Campaña en Twitter

A Xunta de Goberno deste ente lembra que a lei 3/1983 de Normalización Lingüística, no seu artigo 10, establece que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega". “Tendo en conta que lle corresponde á Xunta de Galicia determinar os nomes oficiais dos concellos, núcleos de poboación e demais topónimos, as denominacións na lingua autóctona son as únicas legais a todos os efectos”, apunta nun comunicado.

O Colexio de Xornalistas é consciente de que esta norma está destinada á administración pública, mais semella coherente que os topónimos oficiais sexan usados de forma xeralizada, cando menos por aqueles medios presentes na Comunidade Autónoma Gallega.

O Libro de estilo de El Mundo establece que "os nomes de poboacións de España [...] escribiranse en castelán, incluídas as poboacións daquelas comunidades autónomas con outras linguas oficiais, sempre e cando esta denominación estea acreditada historicamente”. Sen embargo, destaca que “resulta imposíbel considerar acreditadas historicamente" denominacións como "Guinzo de Limia", "Pollo" ou "Nieves".

Esta non é a primeira vez que o Colexio de Xornalistas tense que pronunciar diante da insistencia dalgúns medios que tenden a castelanizar os topónimos galegos. Por iso, o Colexio de Xornalistas chama a El Mundo e ao resto de medios de comunicación presentes en Galicia a usar en todo caso os topónimos galegos na súa forma oficial, en lingua galega, que é aquela fixada pola Xunta de Galicia.

Temas: GALEGO TOPONIMIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Manuelo

Moi de acordo. Y entón, porqué GC escribe Xerez (por Jerez), Cidade Real (por Ciudad Real), Xirona (por Girona) o Xetafe (por Getafe)?!

1 nostrus

Muy de acuerdo, tambien decimos Londres en vez de London. Todo viene de la dejadez de no recurrir las inconstitucionalidades (en mi opinion) de Estatuto de Galicia que dice que los toponimos de Galicia "solo" son oficiales en gallego, cuando la Constitucion dice que la lengua oficial de España es el castellano, sin ninguna excepcion, ni para los toponimos, ni para oficiar misa, ni para nada, por lo tanto el Estatuto no puede contradecir la Constitucion. Los nacionalismos con toda su ponzoña todo lo pudren.

2 O Freire

Claro nostrus, a constitucion española debe ser o libro sagrado: foi inspirada polos seguidores do Caudillo, que o era por la gracia de dios. Ademais ben sendo o español o unico nacionalismo verdadeiro, sano, o natural e inspirado pola divinidade, herdado do noso Caudillo e salvador. Que grande magoa sinto, camarada nostrus, polas grandes Constitucions Españolas que so recoñecian como idioma unico, oficial e verdadeiro o castelan, como unica relixion a catolica, coa muller baixo o marido, pola unidade teritorial que tiñamos con Filipinas, Cuba, Nuevo Mexico, as posesions de Africa... Que grandeza nacional, que sagradas Constitucions Españolas, chora conmigo nostrus! Facemos unha misa en castellano polas perdas?

3 Mar adentro

En calquer lugar do mundo civilizado e cun mínimo de cultura os topónimos escríbense na lingua da zona, xa que teñen un significado e simbolismo axeitado ao aspecto físico, uso e vivencias que dese lugar se dan. En Galicia dende o século X cando menos lévase falando e escribindo en galego, non ten sentido traducir os topónimos como se fixera durante 40 anos con Franco, un periodo tan curto é unha insignificancia cando estamos falando dunha lingua con mil anos de uso. A polémica xurde por non aceptar os páis, fillos e netos do nacional catolicismo españolista a riqueza cultural que existe coma unha oportunidade para achegarse a comprender ao veciño. Amàis se cando menos falaran ou traduciran ben ao castellano, pero as traduccións de Franco que hoxe se utilizan por sectores españolistas é penosa por non saberen que significa a palabra que traducen.