Telefónica nega "deslocalización" de servizos e alega que o ERE en Extel é "alleo" a eles

A diferencia do comité de empresa na Coruña, di que hai menos chamadas aos centros de atención ao cliente

A CORUÑA | 29/09/2016 | Actualizada ás 18:23 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Telefónica negou que estea a "deslocalizar ningún servizo" e alegou que o expediente de regulación emprego (ERE) anunciado na empresa de telemercadotecnia Extel, que afecta a 355 traballadores, de eles 205 do centro da Coruña, é "alleo" á compañía, apuntou un voceiro da empresa.

En declaracións a Europa Press, tras responsabilizar o comité de empresa a Movistar da situación que se está a vivir en Extel, a empresa precisou que, en Galicia, se mantén o servizo para as persoas que chamen o 1004. "Serán atendidas dende aquí e en galego se queren", apuntaron sobre o servizo de atención ao cliente.

Así, remarcaron que manteñen "un centro propio" na Coruña "con 100 empregados". "E en función da actividade, tamén se atende dende Atento e dende Extel". Sobre esta última e o ERE anunciado pola empresa sostén que: "É un problema propio de Extel e alleo a nós".

Non obstante, subliñaron que "o que si é certo é que, dende 2004, as reclamacións e as chamadas aos nosos centros de atención ao cliente caeron ata un 50%", sinalaron dende Telefónica citando o caso concreto de Galicia, despois de que os traballadores de Extel rexeitasen unha redución nas chamadas.

Sobre este descenso, fontes de Telefónica explicaron que se debe á existencia "de moitas menos avarías xa que a rede de fibra óptica é moito máis robusta e menos incidencias e tamén porque a xente resolve de xeito moito máis rápido por Internet" as consultas administrativas ou doutra índole.

Ademais, precisan que esta situación se vive en toda España e en Europa. "Hai un cambio no modelo de relación coas empresas", apostilaron.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta