Dez eurodeputados, entre eles Lidia Senra, promoven unha declaración en pro da regulación da produción láctea

Dez eurodeputados, entre eles Lidia Senra (AGEe), rexistrou unha declaración por escrito en defensa dunha regulación pública da produción láctea -baseándose no artigo 136 do regulamento do Parlamento europeo-.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2016 | Actualizada ás 19:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dez eurodeputados, entre eles Lidia Senra (AGEe), rexistrou unha declaración por escrito en defensa dunha regulación pública da produción láctea -baseándose no artigo 136 do regulamento do Parlamento europeo-.

Agora ábrese un prazo de tres meses ata o 12 de decembro para que os impulsores desta iniciativa obteñan o apoio de polo menos a metade máis un dos eurodeputados da Cámara, en total son 376 sinaturas mínimas necesarias.

O texto tamén está promovido polos deputados do Grupo Confederación da Esquerda Unitaria Europea Miguel Viegas, Joao Ferreira, Ángela Vallina, Fabio de Masi, Joao Pimenta Lopes, Neoklis Sylikiotis e Takis Hadjigeorgiu, así como José Bové (do grupo dos Verdes) e Marc Tarabella (socialdemócrata).

No escrito, remárcase que nos últimos anos miles de gandeiros se viron obrigados a abandonar as súas explotacións debido á "liberalización" do sector e as solucións "totalmente inadecuadas" das administracións.

A xeito de exemplo, Lidia Senra sinala que esta semana tan só un nove por cento dos gandeiros galegos pediron a subvención da UE para a redución de produción láctea, o que "corrobora" que a solución "non pasa por subvencionar o peche de explotacións leiteiras".

De tal forma, os impulsores desta proposta urxen adoptar medidas para "axustar a oferta á demanda", "contrarrestar de forma inmediata o 'dúmping' entre os Estados membros", así como "garantir unha distribución equitativa do valor engadido ao longo da cadea de valor do sector".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta