Os críticos galegos prepáranse para controlar o PSdeG

Queren que se disolva a xestora actual e se nomee unha que convoque un congreso do que sairá o futuro secretario xeral. Tamén apostan por endurecer o discurso coas mareas e non descartan, mesmo, mocións de censura. Abel Caballero e Carmela Silva lideran o sector critico, mentres que Pilar Cancela e sectores da Coruña, Pontevedra e Lugo mantéñense fieis a Sánchez.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/09/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Os críticos coa actual xestora socialista e co recén elixido voceiro parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, preparan xa a estratexia para tentar facerse co control do PSdeG tras a crise aberta en Madrid entre Pedro Sánchez e o sector liderado pola presidenta andaluza Susana Díaz.

Leiceaga rodeado de Pilar Cancela, Patricia Vilán e Gonzalo Caballero, entre outros cargos socialistas
Leiceaga rodeado de Pilar Cancela, Patricia Vilán e Gonzalo Caballero, entre outros cargos socialistas | Fonte: EP

O primeiro paso desta nova estratexia foi unha xuntanza que mantiveron este mércores pola noite un grupo de destacados dirixentes socialistas próximos a Abel Caballero, Pachi Vázquez e José Blanco, os principais impulsores dun cambio no PSdeG. Nesa xuntanza, que tivo lugar no bar Paz Nogueira de Santiago estaban, entre outros, o propio Caballero e Pachi Vázquez, Méndez Romeu, Xosé Sánchez Bugallo, maría Quintas, José López Orozco, Marisonl Soneira, Beatriz Sestayo, Laura Seara ou Bernardino Rama, entre outros.

Segundo puido saber GC, nesa xuntanza falouse da nova situación creada no PSOE, nunha guerra aberta entre o sector de Sánchez e o de Susana Díaz e, sobre todo, da estratexia a seguir en Galicia por este sector crítico coa dirección Galega. Unha estratexia que pasaría por forzar á actual xestora, que lidera Pilar Cancela, próxima a Pedro Sánchez, a que tamén dimita do cargo e nomear unha nova xestora que pivote un novo congreso do que sairá o vindeiro secretario xeral do PSdeG.

Así, as fontes consultadas apuntan que Pilar Cancela debería xa ter dimitido porque expirou xa o prazo dos seis meses que tiña para pivotar o partido e convocar un novo congreso do que saia o futuro líder socialista. 

Outra das estratexias que está enriba da mesa, e que xa foi plantexada públicamente, por dirixentes da Coruña, Ferrol e Santiago, é modificar a relación que existe coas mareas e endurecer o discurso, sobre todo, tras a crise no executivo de Ferrol. Unha situación que pode levar, mesmo, á presentación de mocións de censura en determinados concellos nos que, actualmente, goberna algunha marea municipalista.

Carmela Silva e Abel Caballero na sinatura dun acordo
Carmela Silva e Abel Caballero na sinatura dun acordo | Fonte: www.depo.es

División en Galicia

Ao longo deste xoves, foron varias as voces que se pronunciaron sobre o que está acontecendo no PSOE. Á cabeza dos críticos en Galicia está Abel Caballero que foi o máis contundente nas súas críticas a Pedro Sánchez e á xestora galega. Do outro lado, a actual presidenta da xestora, Pilar Cancela, que amosou o seu apoio sen fisuras ao secretario xeral do seu partido.

Con todo, uns e outros xa se posicionan de cara a guerra que tamén hai no Partdio Socialista Galego. E, neste sentido, Abel Caballero arremeteu contra a comisión xestora e lembroulle que, se "seguise adiante" o proceso "de unidade" que el levou a cabo antes das primarias para elixir candidato á Xunta, os socialistas poderían quitar a maioría absoluta a Feijóo".

Así, lamentou que "en Galicia se tomaron decisións moi equivocadas", en alusión aos cambios nas listas para as autonómicas, levados a cabo pola xestora e avalados "nun despacho de Ferraz". "A consecuencia foi a maioría absoluta de Feijóo, e puidémoslla quitar", proclamou, xa que el encabezou "un proceso de unidade" que, "se fóra adiante, ao mellor Feijóo non tiña agora maioría absoluta".

Máis contundente foi a súa número dous e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que acusou directamente a Pilar Cancela de "enarborar a bandeira dos militantes" e pedir que se escoite a súa voz, ao fío da crise que afecta ao partido a nivel nacional, cando ela mesma "foi colocada a dedo" e "non respectou nunca" a esas bases.

En declaracións aos medios, Silva mostrou a súa sorpresa ante os que "falan dos militantes" e, hai moi pouco tempo en Galicia, "saltáronse os decisións deses militantes". Así, en alusión aos cambios nas listas para as autonómicas, recordou que as bases do partido apoiaron en Pontevedra "masivamente" unha candidatura que "foi liquidada e cepillada nos despachos de Ferraz".

Silva referiuse a "persoas como a presidenta da xestora do PSdeG, que foi colocada a dedo, aducindo que non se podía facer un congreso porque estabamos nun proceso preelectoral". "¿Falan de militantes os que terxiversan as súas decisións e se negan a facer un congreso en Galicia?", ironizou, e pediu "seriedade, rigor e respecto".

Os militantes

Pola súa banda, Cancela insistiu en defender a Sánchez e a legalidade da xestora do PsdG. "Algúns esquecen que neste partido se deu un salto fundamental", que é que "a dirección e os candidatos os decide a militancia e que foi a militancia a que elixiu este secretario xeral", argumentou.

Por iso, dixo que entre os opositores a Sánchez "hai medo ao exercicio democrático". O que está en xogo, dixo, é "se o PSOE se converte nun partido de centro moderado ou se volvemos ser un partido de esquerda, que é o que nos pide a militancia", sentenciou Cancela, quen insistiu: "Se co noso voto debemos facilitar un goberno do señor Rajoy, eu seguirei dicindo que non.

Pero Pilar Cancela non está soa nesta guerra. Conta co apoio doutros dirixentes galegos, nomeadamente, da Coruña, parte de Pontevedra e Lugo. Así, alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tamén defendeu que sexa a militancia do PSOE a que decida sobre a Secretaría Xeral do partido a través dun congreso. Para Méndez está descartada a dimisión de Pedro Sánchez e pospón toda decisión ata a celebración do congreso socialista.

"Se a militancia di que o secretario xeral debe ser Pedro Sánchez, así será, e se di que debe ser outra persoa, acataremos o que diga a militancia", sostivo, antes de presidir o pleno ordinario do Concello correspondente ao mes de setembro.


Polo momento, quen non falou foi o novo líder do PSdeG na Cámara Galega, Xoaquín Fernández Leiceaga, que decidiu gardar silencio. De feito, nas redes sociais foron poucos os dirixentes e militantes galegos que se pronunciaron públicamente nunha tensa calma que pode romperse nas vindeiras horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 stop Vieiras podreiras

Votar en expañol e darlle un futuro negro a Galiza!!!

5 leitugas pesoe

A marea podreira tiñan o paxaro marijuano a tiro pero o deixaron escapar, agora o pe$oe esta en descomposición a marea podreira e o sociadero están en autodestrucción ... PABLEIRAS a FIXO GORDA... tanto expañolismo e tanto expañolisto pableiras -bvieiras... e agora que catro anos mais de golferancia... seguramente xa están untados os deputados con sobres ... os podreiros tamen, dixo un deputado que non tiña cartos no banco o de podreiros o pillanban fernandos

4 anonimo

A ver si Caballero mete baza y se retira el ala nacionalista del PSOE. A este paso se los come la Marea. Y hablando de Marea, el Fernán Vello, va acabar mal, muchos se la tenían guardada http://elblogdeglorialago.blogspot....

3 dnv7

Agora haberá dous PPG, o PPG lexítimo que gañou democraticamente e o PPG-B para cando o PP deixe de gañar por maioría absoluta

2 LKI

Parece que o ridiculizado "sorpassinho" tivo os mesmos efectos que un sorpasso en toda regra. En pleno aquelarre esquizoide do BeNeGá, o PsoE esfarélase e a odiada En Marea queda nunha posición inmellorábel para recoller os restos e liderar toda a esquerda galega. Qúe pouco dura a alegría na casa do bloqueiro. XDDDD

1 XanKaraLlás

O malo é que por muito que En Marea lidere a esquerda (valla a redundancia, xa que non coñezo outra esquerda en Galiza) aquí so poden gobernar os sucesores do invicto Caudillo mentres siga a haber unha maioría absoluta de votantes que confunde unha urna con un wáter.

2 lacazán

Lki, INXÉNUO jajaja. ese odio aberto que tes impídeche facer ningún tipo de análise, núbrache. En principio ainda quedan 4 anos para as próximas eleccións galegas e pra aquela encargaranse os "Baltares" e "Frijoles" ( co seu sucesor ) de arrebatarche a ilusión do teu odio. E por ontra banda, nestes catro anos, e non dentro de muito, xa se empezará a crear un grupo mixto pero desos "mixtísimo" do que non haberá quisque que poida controlar. Non entendo ese odio, pero alá ti e os teus, pero con odio, decriminacións e e pouca intelixencia pouco se pode "liderar" e menos ningunha esquerda planetaria. Lee un pouquiño e adquire coñecementos e así saberás do que falo, en fin.......