Charla en Santiago sobre a situación política en Brasil e o traballo do MST organizada por AGEe

Santiago de Compostela acollerá este venres unha charla coloquio sobre a situación política en Brasil e o traballo do MST, que organiza Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), en colaboración con Compostela Aberta e o Movimento dos Traballadores Rurais Sem Terra (MST).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2016 | Actualizada ás 06:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela acollerá este venres unha charla coloquio sobre a situación política en Brasil e o traballo do MST, que organiza Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), en colaboración con Compostela Aberta e o Movimento dos Traballadores Rurais Sem Terra (MST).

Terá lugar ás 19,00 horas no local de Compostela Aberta, na Praza do Toural, e estará presentada por Suso Sanmartín. Intervirán a enxeñeira forestal no sector da produción do MST Bárbara Loureiro Borges; e a eurodeputada de AGEe e membro do GUE/NGL Lídia Senra.

O evento está organizado aproveitando que Bárbara Loureiro Borges estará en Galicia toda a fin de semana. Desprázase dende Brasil para participar, ademais de neste acto en Santiago, nunha xornada en Ourense sobre os incendios forestais na UE e o "negocio" do lume. Ademais, tamén manterá un encontro co SLG.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta