A Xunta mantén a prohibición de facer queimas agrícolas e forestais polas condicións meteorolóxicas

A Xunta mantén a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais en Galicia ata novo aviso polas condicións climáticas actuais e as previsións para os próximos días.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2016 | Actualizada ás 11:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta mantén a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais en Galicia ata novo aviso polas condicións climáticas actuais e as previsións para os próximos días.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados pormenorizadamente os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume, segundo informou a Xunta nun comunicado.

A Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que "extreme as precaucións" e denuncie "calquera actividade delictuosa incendiaria" da que teña coñecemento.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta