Temas: CASTELAO

Castelao reaparece na Costa da Morte 80 anos despois

Aparece unha segunda instantánea do seu mitin en Lira no 36 a prol do Estatuto de Autonomía.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 30/09/2016 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

O médico, político e artista rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao segue aínda moi presente na historia deste país. Tanto, que 80 anos despois do seu paso pola Costa da Morte volve ser noticia.

Foto inédita, ata agora, dun mitin de Castelao en Lira
Foto inédita, ata agora, dun mitin de Castelao en Lira | Fonte: Monte PIndo Parque Natural

E é que a Asociación Monte Pindo Parque Natural acaba de facer pública unha fotografía tomada en 1936 cando Castelao estivo en Lira, Carnota, facendo campaña a prol do Estatuto de Autonomía. Un mitin que tería lugar semanas antes do golpe fascista que daría pasao a unha cruenta guerra civil.

Ata o de agora só se coñecía unha instantánea daquel mitin, que mesmo preside unha praciña conmemorativa que o Concello de Carnota inaugurou o ano 2000, no lugar exacto onde se pronunciara un discurso para a historia.

Pero, agora, acaba de aparecer outra foto, tomada en plena oratoria durante o mitin de Lira, e que, segundo esta entidade, "parece arroxar luz sobre o carisma e tamén sobre o entrusiasmo que subscitaba a súa figura no pobo, que parecía aglomerarse na busca dunha posición privilexiada entre o público do acto político".

O redescubrimento desta instantánea é obra de Moncho Ermida, o que fora responsable do BNG na Mariña, que este sábado falará, precisamente, o "Galeguismo e represión en Carnota e na bisbarra" no 'V Simposium Monte Pindo: a Memoria dos Fuxidos'.

Castelao entre un grupo de militantes nacionalistas e de esquerdas en Lira en 1936
Castelao entre un grupo de militantes nacionalistas e de esquerdas en Lira en 1936

Temas: CASTELAO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gustavo

Pero cómo que inédita? Esa foto aparece (cando menos) no "Extra 5-6 de A Nosa Terra Castelao e Bóveda Irmáns!!" publicada nos anos 80. Teñoa diante miña. E polo tantop, seguramente apareceu en máis publicacións. Aquí non podo por a foto, pero vaia. Menuda falta de rigor de quen dá a nova e de quen a publica sen máis.