Temas: LUMES INCENDIOS

Cesan a 436 profesionais contraincendios malia que segue “o período de alto risco”

Apropiga pide a fin da precariedade dos traballadores de nove meses que finalizarán a súa actividade na loita e prevención contra incendios forestais en novembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2016 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

Galicia segue en alerta por incendios forestais, pero, a pesar diso, a Xunta acaba de cesar a case medio cento de traballadores para loitar contra os lumes. Así o denuncia a Asociación Profesional do Servizo Público de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (Apropiga) que critica que "se destitúa" o día 30 de setembro 436 profesionais cando a propia Consellería de Medio Rural considera que é necesario "ampliar o período de alto risco de incendios" ata o 15 de outubro.

Brigadista ante o lume nun incendio en Lalín
Brigadista ante o lume nun incendio en Lalín | Fonte: Rafa Cuíña

"Son 436 traballadores que o deron todo durante esta campaña e que cesan malia que seguen sendo necesarios ante as previsións que establece a propia consellería", apunta nun comunicado. Entre o colectivo de afectados están emisoristas dos centros de coordinación, bombeiros forestais nas brigadas helitransportadas, vixilantes fixos fundamentais para detectar os incendios econdutores de vehículos motobomba cuxo cese vai motivar que haxa vehículos de loita contra incendios parados.

Apropiga pide que estes traballadores non cesen e que se arbitren medidas para que o seu traballo se prorrogue no tempo aproveitando as súas capacidades", ao tempo que instan á consellería a que poña fin á precariedade dos traballadores do servizo de prevención fixos discontinuos de 3 meses (que cesan agora).

Neste punto, Apropiga esgrime que "tampouco resulta comprensible que, mentres os traballadores do servizo público son cesados, "continúen operativos os medios contratados" a través de entes públicos ou empresas privadas".

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 vieiras pepeiras

Neses sitios onde ardeu muito toxo, si houbesen ardido pepeiros pois non pasaraia, pero si meses sitios votan o pepeiro... e dalles igual que arda o medio monte ou o monte enteiro... xa se gañaron as elccons agora a desfrutar o votado... queriades comer Bvieiras da toñi -bieiras pero ides comer frijoles... frijoles e non Bvieiras mortos de fame