Carmela Silva ve "dramática" a situación do PSOE e insta a que "se recupere o principio de fraternidade"

A presidenta da Deputación provincial de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, mostrouse "moi preocupada" pola "situación dramática" que atravesa o seu partido político e fixo un chamamento para que "se recupere o principio de fraternidade".

PONTEVEDRA | 30/09/2016 | Actualizada ás 17:37 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación provincial de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, mostrouse "moi preocupada" pola "situación dramática" que atravesa o seu partido político e fixo un chamamento para que "se recupere o principio de fraternidade".

Facendo unha "excepción" na súa norma de non falar de asuntos de partido na institución provincial, Carmela Silva respondeu este venres en rolda de prensa ás preguntas dos xornalistas sobre a crise interna que vive o PSOE.

Así, ante o comité federal que se vai desenvolver este sábado, 1 de outubro, ao que asistirá, fixo un "chamamento" a un "debate sereno" e para que se abandone "a política de trincheiras" e "se recupere o principio de fraternidade". "Espero que sexa o primeiro paso para volver facer forte ao Partido Socialista", indicou a presidenta provincial.

Carmela Silva reclamou que se defendan as distintas posicións "con argumentos políticos", que se abandonen as descualificacións que durante os últimos días están a manifestar os diferentes dirixentes a través dos medios de comunicación e que se leve a cabo unha "reflexión profunda".

A socialista pediu tamén "unha análise sobre os motivos polos que perde apoio electoral" o Partido Socialista e animou a que se defina "un proxecto claro" para España, indicando que "cando o PSOE non se atopa con estabilidade, o país sofre muchísimo".

Silva engadiu que, nestas situacións, "sempre gaña a dereita" e se referiu aos resultados electorais dos últimos comicios en Galicia e no País Vasco. Neste sentido, indicou que en Galicia se atopan por debaixo do 18 por cento dos votos "e esa situación rematan por sufrila os galegos", apuntando que "todo o bo" que lle pasou a España en materia de sanidade, educación ou dereitos "foi cando o PSOE se atopaba forte".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta