O Leyma segue en forma

O Básquet Coruña, que anotou seis triplas no último cuarto, vence 73-80 na súa visita ao Peñas Huesca na primeira xornada da LEB oro. Dago Peña, máximo anotador do partido con 15 puntos.

Por gcdeportes | A Coruña | 01/10/2016 | Actualizada ás 00:19

Comparte esta noticia

Ficha técnica
CB Peñas Huesca 73:
Jure Gunjina (10), Capel (5), Simovic (13), Fontet (13) e Jokubas (11) –cinco inicial- Álvaro Sanz (8), Jorge Lafuente (1), Portalez (2) e Jankaitis (10).
Leyma Básquet Coruña 80: Zach Monaghan (11), Ángel Hernández (7), Dago Peña (15), Zyle (6) e Sergio Olmos (11) -cinco inicial- Javi Lucas (10), Filip Djuran (8), Joan Creus (6), Sabonis (0), Larry Abia (0) e Mikulic (6).
Parciais: 19-19, 20-14 (39-33), 15-24, 19-23 (73-80).

O Leyma estreouse con vitoria na súa visita a Huesca.
O Leyma estreouse con vitoria na súa visita a Huesca. | Fonte: cbphuesca. com

Gañaba o Leyma 54-62 no último cuarto cando encaixou un parcial de 17-3 para desesperación de Tito Díaz. Con 71-65 en contra, os coruñeses viñéronse arriba: Javi Lucas, Ángel Hernández e Monaghan anotaron tres triplas consecutivas e Básquet Coruña púxose de novo por diante. E outra tripla de Dago Peña sentenciou para os coruñeses, que anotaron seis triplas no cuarto decisivo. Ao final, 73-80 e primeira vitoria do Leyma, que mantén a boa dinámica da tempada pasada e da pretempada. A vindeira semana, derbi co Peixe Galego en Riazor.

Foron igualados e con imprecisións os primeiros minutos, pero 6 puntos de Sergio Olmos e 7 consecutivos de Dago Peña obrigaron ao tempo morto do técnico local con 10-16 no marcador. Malia a tripla de Joan Creus, Peñas conseguiu igualar o choque ao final do primeiro cuarto: 19-19.

Tras un intercambio de canastras, parcial de 7-0 para os oscenses e Tito Díaz parou o partido con 31-24 a 3:46 do descanso. Pero o Peñas acadou a máxima vantaxe (39-30), menos mal que Zach Monaghan anotou a súa primeira bomba xusto antes do lecer: 39-33.

O Leyma volveu enchufado de vestiarios e empatou o partido 41-41. Zach Monaghan anotou a súa segunda tripla e Zyle puxo por diante aos coruñeses, que chegaron aos dez últimos minutos con 54-57. Unha tripla de Djuran puxo oito arriba aos galegos, pero o Leyma precipitouse en ataque, permitiu ao Peñas correr e os locais acadaron un parcial de 17-3 para poñerse 71-65, con dous tempos mortos incluídos dun Tito Díaz impotente. Reaccionou o Básquet Coruña con triplas de Javi Lucas, Ángel Hernández e Zach Monaghan para un 72-74. Peñas errou en ataque, e Dago Peña sentenciou cunha tripla e dous tiros libres: 73-80.

Sergio Olmos anotou 11 puntos para os coruñeses.
Sergio Olmos anotou 11 puntos para os coruñeses. | Fonte: cbphuesca.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta