A Fundación Amancio Ortega convoca 500 novas bolsas para estudar Bacharelato en Estados Unidos e Canadá

A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición do seu programa de bolsas, que, esta vez, cubrirá os estudios de 1º de Bacharelato en Estados Unidos e Canadá a 500 mozos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2016 | Actualizada ás 13:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición do seu programa de bolsas, que, esta vez, cubrirá os estudios de 1º de Bacharelato en Estados Unidos e Canadá a 500 mozos.

O prazo de inscrición para solicitar unha das 250 bolsas por cada país arranca o próximo luns, día 3, e finaliza o 15 de novembro. Diríxense a estudantes de 4º de ESO de España que queiran estudar o curso 2017/18 fóra.

Para participar requírese unha nota media mínima de 7 en 3º de ESO e unha nota mínima na materia de inglés de 8. Así mesmo, a renda per cápita da unidade familiar dos solicitantes será tida en conta.

Un total de 80 das 500 bolsas repartiranse entre estudantes de centros educativos de Galicia, mentres as 420 restantes se abrirán a alumnos doutras comunidades.

A bolsa cobre o 100% do custo do ano académico no estranxeiro: escolarización, viaxe, aloxamento e manutención nunha familia local de acollida, seguro médico e de accidentes, formación previa ao inicio do curso e seguimento durante os dez meses de estanza.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta