Falece un motorista de 26 anos en Mazaricos (A Coruña) tras chocar contra un cabalo

Un motorista de 26 anos perdeu a vida este sábado en Mazaricos (A Coruña) tras chocar contra un cabalo na estrada que une Santa Comba con Muros.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2016 | Actualizada ás 19:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un motorista de 26 anos perdeu a vida este sábado en Mazaricos (A Coruña) tras chocar contra un cabalo na estrada que une Santa Comba con Muros.

Diso informaron tanto o 061 como o 112, e precisaron que o sinistro tivo lugar sobre as 17,20 horas.

Tras a alerta dun particular, ata o lugar enviouse unha ambulancia, o helicóptero do 061 con base en Santiago e persoal sanitario do PAC de Santa Camba, se ben I.T.G. acabou falecendo no punto.

Adicionalmente, acudiron membros do Grupo de Emerxencias supramunicipais (GES) de Muros e axentes da Garda Civil de Tráfico, mentres que tamén estaban informados os Bombeiros de Santa Camba.

Por outra banda, dúas persoas resultaron feridas a causa dun accidente de tráfico en Barbadás (Ourense), na OU-540, poucos minutos antes das 14,00 horas.

Segundo o relato da persoa que avisou o 112, o coche saíuse da vía e envorcou. Os ocupantes, un matrimonio de avanzada idade, abandonou o vehículo polos seus propios medios pero, non obstante, foron evacuados ao hospital por un forte golpe no tórax.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta