Apoio masivo dos socialistas de Lugo a Pedro Sánchez

Máis do 70% das agrupacións do PSOE nesta provincia pide a Pepe Blanco e Ricardo Varela que apoien a Pedro Sánchez no Comité Federal.

Por E.P. | Lugo | 01/10/2016 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

A xestora que dirixe o PSOE na provincia de Lugo púxose en contacto este sábado cos lucenses con asento no Comité Federal para deixarlles constancia de que máis do 70 por cento das agrupacións locais apoian a Pedro Sánchez como secretario xeral e demandan unhas primarias e un congreso extraordinario para solucionar a situación xerada.

Pepe Blanco
Pepe Blanco

Polo momento, son 47 as agrupacións que remitiron á xestora, segundo fontes consultadas por Europa Press, comunicacións para facerse eco dese "sentir común".

É por iso que a xestora presidida por Luis Ángel Lago Lage así llo transmitiu tanto ao senador Ricardo Varela como ao eurodeputado José Blanco para que "o teñan en consideración nas súas actuacións" no citado Comité Federal.

Así mesmo, indicou que á postura da maioría de agrupacións do PSOE na provincia se suma a propia xestora e o presidente da Deputación e todos os deputados provinciais.

Tamén a comparten o coordinador provincial de Xuventudes Socialistas, o secretario local e a alcaldesa de Lugo (unha agrupación que non se reuniu para fixar a súa postura) e os parlamentarios autonómicos elixidos pola provincia.

POSTURA DA CORUÑA

Tamén o secretario provincial do PSOE da Coruña, Julio Sancristán, deu conta este sábado de que "o 70 por cento" das agrupacións socialistas desa demarcación se pronunciaron a favor do calendario formulado polo secretario xeral, de modo que pediu os coruñeses con praza no Comité Federal que voten nese sentido.

No seu caso, trátase da presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela; a líder local coruñesa, Mar Barcón; a súa homóloga en Ferrol, Beatriz Sestayo; e a exdeputada autonómica Marisol Soneira.

Se o rexeitamento aos plans de Pedro Sánchez se dá por feito no caso de Ricardo Varela, José Blanco e Marisol Soneira, tanto Barcón como Sestayo manifestaron a Europa Press que tampouco os comparten. A única que avalou fortemente o secretario xeral no seu calendario foi Pilar Cancela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Xosé

Eu son militante do PSOE en Lugo, vexo que o apoio e das Executivas Municipais (aparato puro e duro), este tipo de comunicados deixa o partido moi en evidencia, reclamamos que se nos tome en conta a militancia e en lugar de celebrar unha asamblea toman as decisións as xestoras postas a dedo, moi democrático todo si señor.

2 Gasolineiras

Pero Pepiño Blanco votou contra Pedro Sánchez

1 Gamela

Pepiño Blanco vota contra todo o que se mova, para eso ten na súa conta a declaración do primeiro e único ESTADO DE ALARMA da democracia... é experto en maniobrar na escuridade... http://gamela00.blogspot.com.es/201...

1 Gamela

e agora volveremos aturar as mentiras de Abel Caballero $ Carmela Silva $ Pepe Blanco ? que pactarán todo o que podan pactar con Mariano para seguir chupando do bote 4 anos máis... e todos contentes...?