A delegación galega no Comité Federal do PSOE xa prepara a disputa polo control do PSdeG

Membros da delegación galega que este sábado viaxaron a Madrid para acudir ao Comité Federal do PSOE expresaron a súa "tristura" por todo o acontecido, ao tempo que xa puxeron o aviso sobre a presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, quen apoiaba ao dimitido Pedro Sánchez.

Por Europa Press / Redacción | Madrid / Santiago de Compostela | 01/10/2016 | Actualizada ás 22:14

Comparte esta noticia

"Tristura" é unha das palabras máis repetidas por membros da delegación galega que este sábado viaxaron a Madrid para acudir ao Comité Federal do PSOE, no que Pedro Sánchez tivo que presentar a súa dimisión tras perder a votación na que se dirimía se o futuro do partido pasaba por un congreso extraordinario ou se unha xestora tomaba as rendas.

Pedro Sánchez, no momento de anunciar a súa dimisión como secretario xeral do PSOE
Pedro Sánchez, no momento de anunciar a súa dimisión como secretario xeral do PSOE | Fonte: EP.

Precisamente "tristura" foi a primeira palabra pronunciada, en declaracións a Europa Press, pola líder da formación na Coruña, Mar Barcón, quen, non obstante, expresou tamén a súa "esperanza" en que o PSOE poida reconciliarse e superar a súa importante división.

Con esa visión coincidiu tamén o ex-deputado pontevedrés Pablo García, quen sinalou que o actual é "o día máis triste" que viviu no seu partido. "É realmente incomprensible chegar a este punto", recalcou, antes de pedir que na nova etapa que hoxe se abre non se reproduzan os "erros" de últimos tempos.

"Espero que a xestora empece a reconducir a situación", proseguiu, partidario de que as decisións se tomen de forma "máis compartida" e os debates se dean "con máis honestidade" e "sen atallos".

E, tras puntualizar que a decisión tomada este sábado non implica que o PSOE vaia negociar a abstención na investidura de Mariano Rajoy, García incidiu en que agora toca "normalizar" todo o acontecido. Tamén en Galicia, defendeu, chegou o momento de "retomar a normalidade" na vida orgánica, con comités e congresos.

OUTRAS REACCIÓNS

Se ben outros cargos da delegación do PSdeG non quixeron facer declaracións, si utilizaron as redes sociais para posicionarse.

É o caso da exparlamentaria Marisol Soneira, quen criticou "o dano ocasionado á imaxe do partido" tras relatar que viu "chorar" a compañeiros seus no interior do Comité Federal ante o "esperpento", ao seu xuízo, promovido por Pedro Sánchez.

Pola súa banda, o exministro lucense José Blanco tamén utilizou a súa conta de Twitter, pero unicamente para apelar ao "respecto ás normas, ás persoas e ás diferentes opinións" e para revelar que pediu internamente "negociación e diálogo" que evitase que as diferentes interpretacións das normas tivesen como resultado militantes acudindo aos tribunais.

"NOVIDADES EN GALICIA"

Máis alá dos posicionamentos públicos, o que distintos membros do PSdeG que estiveron en Ferraz este sábado esperan é que a partir de agora comecen as "novidades" tamén en Galicia.

De feito, son varios os que puxeron o aviso sobre a presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, a única da delegación galega que nos últimos días avalou publicamente o calendario marcado por Pedro Sánchez.

O derrocamento de Sánchez era o paso agardado para poñer en marcha unha estratexia que xa foi deseñada nunha xuntanza que mantiveron o pasado mércores pola noite un grupo de destacados dirixentes socialistas próximos a Abel Caballero, Pachi Vázquez e José Blanco, os principais impulsores para mudar o rumbo do PSdeG. Nesa xuntanza, que tivo lugar no bar Paz Nogueira de Santiago estaban, entre outros, o propio Caballero e Pachi Vázquez, Méndez Romeu, Xosé Sánchez Bugallo, maría Quintas, José López Orozco, Marisonl Soneira, Beatriz Sestayo, Laura Seara ou Bernardino Rama, entre outros.

NOVO ESCENARIO

Agora espérase que os críticos tenten forzar a dimisión da actual xestora, que lidera Pilar Cancela, próxima a Pedro Sánchez, e nomear unha nova xestora que pivote un novo congreso do que sairía o novo secretario xeral do PSdeG. 

Unha vez acadado o poder, a nova dirección ten pensado modificar a relación que existe coas mareas —principalmente na Coruña, Ferrol e Santiago— e endurecer o discurso contra estas e o proxecto común de En Marea. Unha situación que pode levar mesmo á presentación de mocións de censura en concellos nos que goberna algunha marea municipalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 antón de guizán

E non se presenta Ana Pontón?

6 Antón V.

Ainda q agora quen vai querer terceras elecións é precisamente o PP...

5 Antón V.

Aposto a q Susana Díaz fai presidente a Rajoy dando liberdade de voto aos deputados do Psoe

4 PPoidemos... PPodreiros

PODREIROS e a política errada e errática de Waldo das jons (pableiras) están metendo no poder o partido putrefacto en todos lados xa vimos o que pasou na Galiza, e agora o vemos no estado expañol, falei con líder de mareados e dixo que foi un error estratexico non ter sacado o pepeiro (tarde piaches meu rei) agora vemos o que e seguir o carreiro de -Vieiras de pableiras, onde nos levan!!! e o pepeiro... VOTAR -VIEIRAS VOTAR PODREIROS E PP NO GOBERNO..., anque as esquerdas avantaxan en mais de dous millons de votos as dereitas no estado, tanto uns como outros entregaron o gobernó o MARIJUANATO e non van ser 8 anos sinon 9 grazas o Waldo das jons e as suas teorías do sorpaso... non houbo sorpaso houbo marijuanato... seguide asi listos... seguide votando -vieiras podreiras.... queriades comer -vieiras pero rematachesdes comendo frijoles....

1 Gamela

Sería bo que foses lendo algo, para variar... https://www.vientosur.info/spip.php...

3 A Fume de Carozo

Dentro do PSOE estan os asesores os militantes os simpatizantes e ahora os cospìradores,xente que nunca pegou golpe e a sua profesion e a poltrona e dalle igual concello,diputacion,ou xunta e si teñen opurtunidade a Madrid que asi mais chollo. Que vergonza,