Temas: RíOS LIMPEZA

300 quilos de lixo e cans afogados na limpeza do río Tea

Ademais atoparónse pezas de metla e ferro de grandes dimensións e ata a parte dun andamio de obra de case dous metros durante a limpeza do río.

Por Galicia Confidencial | Salvaterra | 03/10/2016 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

Un total de 30 persoas, convocadas polo colectivo Lazoiro, estiveron esta fin de semana de limpeza en Salvaterra dende a desembocadura do Tea até o Cordeiro, na parroquia de Alxén, dentro do proxecto colectivo de limpeza simultáneas dos ríos galegos. Unha xornada na que retiraron 300 quilos de lixo e se atoparon desagradables sorpresas, con varias bolsas con canciños afogados no seu interior.

Voluntarios de Lazoiro retiran lixo do río Tea
Voluntarios de Lazoiro retiran lixo do río Tea | Fonte: Lazoiro

Ademais dos obxectos habituais atopados, como son os plásticos, arames e rodas de vehículos, nesta edición destacan as pezas de metal ou ferro de grandes dimensións, como unha parte dun andamio de obra de case dous metros e unha prancha metálica dun tamaño aproximado. 

Dende Lazoiro queren resaltar a participación cidadán que houbo. Ademais destacan que a xente puido coñecer de forma directa a importancia de conservar o noso entorno. Implicándose tamén na posterior análise das augas e demais factores que serán enviados ao Proxecto Ríos para publicar no informe anual sobre o Estado dos Ríos Galegos. 

Grupo de voluntarios de Lazoiro
Grupo de voluntarios de Lazoiro
Temas: RíOS LIMPEZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta