Unha viaxe de 5.000 quilómetros desde o Báltico ata o Atlántico

O activista francés Jean François Aillet iniciará e rematará en Muxía unha viaxe que o levará por dez países europeos.

Por Galicia Confidencial | Muxía | 03/10/2016 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Báltica-Atlántica. Así se chama o proxecto que emprende estes días dende a vila de Muxía Jean François Aillet. Trátase dunha marcha de 5.000 quilómetros por 10 países europeos, con saída e remate, en Muxía, pasando por Estocolmo e Roma como paradas fundamentais. E todo, acompañado dun singular carriño.

Jean-Francois Aillet na Punta da Barca
Jean-Francois Aillet na Punta da Barca | Fonte: QPC

Xa é a cuarta vez que Aillet pasa por Muxía, sempre a pé, e desta volta o recibimento que lle deu a familia do Bela Muxía, con Anxo Castro á cabeza, fíxolle sacar bágoas. E é que o francés xa leva máis de 70.000 quilómetros ás costas.

Este artista-activista ten feito numerosas accións, entre as que destaca ter enviado area ao espazo, incluída a area de varias praias da Costa da Morte. Unha vez máis vemos xente que convirte as crebas en arte. Así garda este pregrino a súa historia:

Nova do mediocolaborador quepasanacosta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta